Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica segue mobilizándose polo futuro da comarca

O Comité de Ferroatlántica segue mobilizándose polo futuro da comarca
Concentracion por Ferroatlantica

”O Futuro da Costa da Morte en xogo. Mobilízate”.

Con este lema o Comité de Empresa de Ferroatlántica quere convencer á veciñanza da Costa da Morte de que siga participando nas mobilizacións sociais para impedir a venda das centrais hidroeléctricas e a súa segregación da produción de ferroaliaxes. Máis se cabe despois do anuncio e as ameazas de Ferroglobe, que pode deixar 400 postos de traballo no limbo, a pesar de que as dúias fábricas levan sendo rentables economicamente dende 1992.

Así, coa folga en mente como última medida de presión, o Comité de empresa convoca dúas novas concentracións ás portas da Fábrica de Brens. A primeira este venres 10 de febreiro, ás 18:30h, e a segunda o vindeiro 24 de febreiro.

Non faltemos.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios