Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Concello de Cee, o primeiro en aprobar por unanimidade a moción contra a violencia de xénero da Buserana

O Concello de Cee, o primeiro en aprobar por unanimidade a moción contra a violencia de xénero da Buserana
Pleno do Concello de Cee O Pleno do Concello de Cee aprobou a moción da Buserana por unanimidade

xa están en marcha a campaña da Organización Feminista Buserana para que os Concellos da volta asinen un Pacto contra a violenxia de Xénero na Costa da Morte. O primeiro en aprobar a moción proposta pola entidade foi o pleno do Concello de Cee, que aprobou o manifesto por unanimidade.

A moción aprobada por unanimidade insta ao Goberno Autonómico e Central a asinar un Pacto con partida orzamentaria propia que permita o seu desenvolvemento.

Buserana acolle o Pacto asinado polas principais forzas políticas de Galicia e é por iso que piden que “se dote a estes Pactos das partidas suficientes para levar a cabo as medidas que se recollen neles como son a posta de mais medios a disposición da Xustiza, mellorar os espazos físicos nos xulgados para preservar a seguridade das mulleres maltratadas, mellorar os protocolos forenses así como intensificar as campañas de información entre outras. De nada serven os Pactos se só quedan en meras declaracións de intencións”, avisan.

”A nivel local a moción aprobada supón dar mais visibilidade a lacra da violencia e non converter en normal os asasinatos de mulleres e crianzas no noso Pais: bandeiras a media asta, concentracións de rexeitamento…”

Así, desde Buserana esperan que o resto dos Concellos da Costa da Morte se sumen a iniciativa.

”Non queremos chorar a morte de mais compañeiras, nais, fillas, irmáns, veciñas…”

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios