O Consello Consultivo bota a Aquacenit da piscina de Cee


Importante paso adiante para que Cee e a comarca volvan ter piscina. Tiñan que esperar veciños e traballadores afectados o fallo do Consello Consultivo, que onte informaba ao Concello de Cee da expulsión oficial da empresa Aquacenit como concesionaria da piscina municipal. Aínda terán que esperar un bo anaco de tempo, pois toca abrir o novo concurso de concesión, o que nos situaría en comezos do ano que vén. Ademais, aínda hai que reparar o tellado e poñela a punto para a posta en funcionamento.
Se agora fai ano e medio que leva pechado este servizo público (reiteramos que a piscina é municipal, e que o Concello debe ter a chave da xestión), se nos poñemos en 2017 serían 2 anos irrecuperables para os traballadores e para os case 1000 usuarios de toda a contorna que utilizan a infraestrutura.
O Consello asegura que a empresa non pagaba o canon e que deixou de prestar o servizo.
Agora, probablemente tocaralle aos traballadores ir a xuizo para recuperar os cartos que lle pertencen.
Novas relacionadas
- 25-08-16: O BNG de Cee pide celeridade para solucionar o problema da piscina.
- 15-07-16: Os traballadores da piscina alzan a voz contra o alcalde de Cee.
- 01-06-16: A non-piscina de Cee, á escuras.
- 26-05-16: Esixen a intervención urxente do Concello ante a cascada de problemas ca piscina municipal de Cee.
- 15-04-16: Usuarios e traballadores maniféstanse pola piscina municipal de Cee.
- 06-04-16: Os traballadores da Piscina Municipal de Cee, en folga contra a concesionaria.
- Outubro 2015: A CIG emprenderá accións legais contra a concesionaria da piscina de Cee polas acusacións contra un ex traballador.
- 03-03-15: A CIG esixe o inmediato rescate da concesión da piscina de Cee.
- 14-01-15: Denuncian a situación laboral na piscina de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- La Voz.