Sábado. 23.02.2019
El tiempo

O deteriorio do Centro de Saúde únese ao estancamento da piscina para demostrar a parálise do Concello de Cee

O deteriorio do Centro de Saúde únese ao estancamento da piscina para demostrar a parálise do Concello de Cee
Margot Lamela falando no tenso pleno de Cee Margot Lamela falando no tenso pleno de Cee

De parálise total se pode calificar a situación do Concello de Cee. Así o sinalaban os membros da oposición no pleno do pasado venres. Un pleno tenso, marcado pola denuncia de Víctor Somoza pola polémica condonación da débeda da Comisión da Xunqueira, pola apertura do xuízo oral da Operación Orquestra, e pola falta das concelleiras saíntes do renovado PP, Zaira Rodríguez e Mabel Fdez.

Dous dos puntos máis importantes da noite foron dous temas recurrentes que levan anos e anos tratándose en Cee.

Centro de Saúde

Son moitos os anos nos que a veciñanzaa se segue queixando da situación do Centro de Saúde de Cee mentres Xunta e Concello se botan as culpas os uns aos outros. Pero a realidade, é que a situación do centro de saúde de Cee é lamentable, “hai numerosos problemas derivados dunha xestión que se baseou en “parchear” os problemas que ían xurdindo, e agora precisa dunha reparación integral que permita devolverlle as garantías de prestación do servizo en condicións de hixiene e seguridade óptimas”, como sinalan dende o PSOE.

Por iso, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, da man da deputada laxeira Loli Toja levará o asunto ao Parlamento, para que saiban o estado de abandono do centro, con paredes cubertas de enormes manchas negras de humidade, paredes espidas de azulexos caídos e nunca respostos, pezas oxidadas nos aseos, caldeira estropeada que impide que haia calefacción; a falta de tecnoloxía para facer unha ortopantomografía…

Por iso os socialistas van pedir que o Goberno transfira o Centro de Saúde á Xunta de Galicia, e que esta dote dunha partida nos orzamentos de 2019 para acometer unha reforma integral no centro.

https://www.facebook.com/psoecee/videos/2077669988952030/?t=10

2 anos e medio sen piscina

Dende que en abril (si en abril) se anunciasen o comezo dunhas esperanzadoras obras, os veciños tampouco poderán disfrutar da piscina municipal de Cee en outubro, como prometera o Concello. O eterno retraso provoca que despois de 2 anos e medio a piscina siga esperando que o grupo de goberno faga o seu traballo e devolva este servizo á veciñanza.

O pasado venres o alcalde aseguraba que a piscina estaba preparada para abrir, a pesar da evidente situación de deterioro, e finalmente aprobouse a licitación á empresa Viraxes SL por 9 anos e uns 80.000€ por ano. Un paso importante, dende logo, pero o problema é que, como denunciou a voceira do PSdG Margot Lamela, faltan por executar as obras aprobadas pola Deputación (POS PLUS ADICIONAL 2017) por importe de 91.117 euros, cando xa pasaron 3 meses dende que o ente provincial as daba por aprobadas. Porén, o Concello non inicio nin a tramitación, nin a adxudicación de devanditas obras.

Tocará seguir esperando.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-eleccions-municipais-de-cee-estaran-marcadas-polo-xuizo-oral-da-operacion-orquesta/ https://quepasanacosta.gal/a-fiscalia-denuncia-tres-posibles-delitos-na-condonacion-da-debeda-da-comision-da-xunqueira/ https://quepasanacosta.gal/a-xunta-e-o-goberno-de-cee-botanse-as-culpas-polo-mal-estado-do-centro-de-saude/ https://quepasanacosta.gal/comezan-as-primeiras-obras-para-reabrir-a-piscina-de-cee/
Comentarios