![A soprano do duo Aria e Anima - Gemma Roman - reside actualmente en Cee]()
A soprano do dúo Aria e Anima - Gemma Román - reside en Cee
O
dúo de música barroca Aria e Anima, formado por Gemma Román - soprano que reside en Cee - e Teresa Merino - tiorba e guitarra barroca- é un dos seis finalistas do
V concurso internacional de música antiga que se celebra en Xixón.
O concurso está organizacdo pola Fundación Municipal de Cultura, Educación y Univesidad Popular de Xixón. O festival terá lugar entre os días 9 e 17 de xullo e, dentro del, entre os días 13 e 14 terán lugar as fases semifinal e final do concurso. A selección na fase preliminar realizouse mediante a análise do material enviado polos candidatos.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)