Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O fisterrán acusado de roubar nun bar de Cee cunha barra de ferro demostra a súa inocencia

O fisterrán acusado de roubar nun bar de Cee cunha barra de ferro demostra a súa inocencia

Hai 15 días a Garda Civil procedía a deter a un veciño de Fisterra por un suposto roubo cunha barra de ferro nun bar de Cee. Un caso que acaba de ser sobreseído.

O acusado, R.L.F., defendido pola avogada Margarita Lamela, ve como o Xulgado de Instrución arquiva todas as causas contra el, unha vez comprobado que o acusado estaba en Valladolid o día do suposto delito. Unha versión corroborada con fotos e tickets de compra así como o rastreo do seu teléfono móbil e o testemuño de varios familiares e amigos.

Deste xeito, R.L.F. non descarta iniciar actuacións xudiciais contra a demandante, a camareira M.B.V.R., que presentou a denuncia o 23 de febreiro sendo os feitos o día 12.

Novas relacionadas

Comentarios