venres. 06.12.2024
El tiempo

O Gran Fondo Ézaro-Costa da Morte reafírmase como referente nacional e como ideal reclamo turístico

O Gran Fondo Ézaro-Costa da Morte reafírmase como referente nacional e como ideal reclamo turístico
Subindo o Muro do Mirador do Ezaro no Gran Fondo 2016-Foto-Xose Sendon Subindo o Muro do Mirador do Ezaro no Gran Fondo 2016-Foto-Xose Sendon Nada menos que 1200 participantes afianzaron o Gran Fondo Ézaro – Costa da Morte como unha das probas cicloturistas máis importantes do circuito estatal. Faltou, outra vez, Gianni Bugno, por un compromiso profesional de última hora, pero foi o de menos. Esta proba deportiva, chamada a ser un referente internacional e un reclamo turístico perfectamente compatible coa chegada de La Vuelta, foi un rotundo éxito nesta a súa segunda edición con este nome, despois de comezar chamándose Desafío do Atlántico. I é que gracias ao Gran Fondo e á Volta a España, cada vez é menos a xente á que hai que explicarlle onde están o Mirador do Ézaro e a Costa da Morte. E precisamente ese é o obxectivo principal deste evento deportivo. Saida do Gran Fondo Ezaro 2016 Saida do Gran Fondo Ézaro 2016 con 1200 participantes Si estaban grandes do pelotón español como Joséba Beloki, Ángel Casero, Óscar Pereiro ou o mesmo triatleta Iván Raña, un dos grandes deportistas galegos e toda a historia, ademais dos outros 1195 ciclistas afeccionados. A saída deu conta da potencia desta proba, cun abano multicolor de participantes ateigados na estrada de subida ao Mirador. Os primeiros trinta quilómetros do percorrido realizáronse a velocidade controlada ata o avituallamiento de Muxía. A partir dese punto, ritmo libre ata meta. O Alto de Paxareiras, estreando a dura subida dende Muros por Abelleira, daba conta do gran final que se espera para esta proba e para La Vuelta o vindeiro 22 de agosto. O primeiro en cruzar a liña de meta foi o santiagués Francisco Javier Iglesias, por diante de Gustavo César Veloso, a 2’58’’; e Daniel Parada, a 3’35’’. No tramo de escalada de 2 quilómetros ao Mirador do Ézaro, co Formigón de por medio, os mesmos protagonistas aínda que en distinta orde: primeiro Gustavo César Veloso con 9’15’’; segundo Iglesias, a 51 segundos; e terceiro Parada, a 1 minuto. Podio do Gran Fondo Ezaro 2016-Foto-Xose Sendon Podio do Gran Fondo Ezaro 2016-Foto-Xose Sendon Podio do Gran Fondo Ezaro 2016-Foto-Xose Sendon Podio do Gran Fondo Ezaro 2016-Foto-Xose Sendon Pequeno no podio do Gran Fondo Ezaro 2016-Foto-Xose Sendon Houbo premios tamén para a xente da casa, como o que levou o Club Ciclista Dumbría como club máis numeroso. Dende Oporto chegaba o Secai, que levaba o premio ao club máis lonxano, e o canario Marco Antonio Roibas foi recoñecido como o que chegou de máis lonxe. O máis veterano, foi Jose Antonio Teijeiro, de 71 anos, e os máis novos Brais Rodríguez e Helena Fernández. Boa acollida tivo a retransmisión en directo, por streaming e a través dunha pantalla xigante no Ézaro, dos últimos 40km da proba. [fbvideo link="https://www.facebook.com/rafael.quintanscanosa/videos/10210119297882650/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] [fbvideo link="https://www.facebook.com/granfondoezaro/videos/1321870017841389/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]   Responsables deste éxito son tamén os patrocinadores: Concellos de Dumbría, Muxía, Cee, Muros e Mazaricos, e entidades entidades privadas: Rede Eléctrica Española, Ferroatlántica, Auga de Mondariz, Galicia Calidade, Gadis, Abanca, Super Bock, Grupo Insua, Anova, Aboiar e Senra Sport, entre outros; así como a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil. Subindo as rampas do Mirador do Ezaro no Gran Fondo 2016-Foto-Xose Sendon Subindo as rampas do Mirador do Ézaro no Gran Fondo 2016-Foto-Xose Sendón Problemas fisicos na subida ao Mirador do Ezaro no Gran Fondo 2016-Foto-Xose Sendon Problemas físicos na subida ao Mirador do Ézaro no Gran Fondo 2016-Foto-Xose Sendón

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios