O IES Agra Raíces despediu o ano cos premios aos ellores expedientes
Outro ano máis, o IES Agra de Raíces culmina o seu ano, despois da gradación, cun acto de clausura por todo o alto. Nun acto que pretende recoñecer o mérito ao esforzo e ao traballo realizado polos nosos estudiantes a través dos premios aos mellores expedientes como estímulo ao seu rendemento. Os alumnos galardonados foron Lucía Lado Caamaño e Bistra Ivanova Vasileva con un empate en 1º ESO, Sabela Lema Riveiro en 2º ESO Andrea Rodríguez Mouzo en 3º ESO Iria Trillo Charlín en 4º ESO Marcos Castelo García en 1º BACH.
O galardón consta dun diploma de recoñecemento, así como unha dotación económica reflectida nuns vales para canxear por material escolar en algúns locais da comarca. Nese sentido, centro quere agradecer a Julio lópez, xerente da empresa Bazarra pola súa colaboración, os pais e as familias pola súa implicación e apoios, e aos profesores pola súa predisposición e interese.
Ademais, durante o acto puideron escoitar o Air de la Suite en Re Mayor de J.S. Bach e o Gabriel's Oboe no violín de Sara Fraga; proxectouse o vídeo resumo da Semana Cultural, proxecto xa arraigado onde o centro está inmerso nunha serie de actividades que sobrepasan moitas veces o curriculum académico, ben por participar en actividades puntuais dos departamentos ou ben por desfrutar de actividades alleas ao centro, contando con empresas propias da localidade, coma Aspadex, APEM, Dafit, ou Bazarra (que nos acompaña hoxe), coma institucións públicas, coma a Universidade de Santiago ou Coruña, o Instituto Galego de Consumo ou SEPRONA.
Por último, fíxose entrega dos diplomas e agasallos aos gañadores nos concursos de Lóxica e enxeño organizado polo Dpto de Matemáticas do centro, que entregou José Lago, e aos alumnos que alcanzaron o nivel B1 nas probas DELF de francés, diplomas entregados pols profesoras de francés que os prepararon, Elena Martinez e Isabel Garea.
E, por último, deixouse o momento máis emotivo, entregándose uns diplomas e agasallos a uns alumnos con necesidades educativas especiais, que rematan este ano no centro e que deixan pegada polo cariño e a alegría que nos transmitiron.
Novas relacionadas- A nova fornada de alumnos graduados do IES Agra de Raíces.
- O alumnado do IES Agra de Raíces visita Francia.
- O IES Agra de Raíces celebra a súa Semana Cultural
- O IES Agra de Raíces está de wiki-noraboa
- O Agra Raíces abre o seu Rastro Solidario.
- O Agra Raíces pechou o curso máis Solidario.
- Redacción QPC ([email protected])
- IES Agra de Raíces