![Lugar de Pallares Cee-Foto-Modesto]()
Lugar de Pallares-Foto-Modesto
Descubrindo topónimos polo territorio de Cee.
Imos dar un paseo ata o lugar de Pallares, distante uns 1,8 Qm. dende a praza de Cee. Saímos pola rúa da Escola no pabellón Polideportivo (1) onde sae un sendeiro que bordea pola marxe dereita o Río da Lagarteira. A uns 50 m. á dereita vemos os restos dun muíño coñecido como Muíño da Galiña (2). Chegamos á Ponte da Rabecha (3), restaurada, onde sae o camiño para Escabanas. Collemos o da esquerda e a uns 10 m. á dereita encontramos os restos dun muíño (4) coñecido como Muíño de Canle.
![Muino do Galineiro na Ruta Pallares de Cee-Foto-Modesto]()
Muíño do Galiñeiro-Foto-Modesto
Seguimos pola beira do río e chegamos á Ponte de Pallares e na beira norte está o Muíño de Pallares (5), en bo estado de conservación.
Entre o muíño e un muro a esquerda sae, pola beira da canle, un sendeiro cuberto de herba que conduce á primitiva fonte de Pallares, distantes uns 100 m. Retrocedemos e cruzamos a ponte, pasando por un lavadoiro á dereita e entramos no lugar de Pallares.
Neste territorio só había un caserío, do ano 1970, pertencente a unha familia con apelido Pallares, propietario do muíño.
Cremos que co paso do tempo, este lugar tomou o nome de Pallares. Seguimos polo camiño da dereita, subindo, encontramos un terreo rochoso salpicado de vivendas modernas destacando polo lateral oeste do camiño un petón que chama a atención.
Un veciño contou que este petón é coñecido como “Petón da Cubela”(6), tal como llo contaron os irmáns Pedro, Santiago e José de Couto cando tíñan a caseta para fabricar as bombas das festas cercana á ponte. Este barrio tomou o nome de “O Petón” pero descoñecemos o por que “da Cubela”.
![Petón da Cubela (Escabanas) na Ruta Pallares-Cee]()
Petón da Cubela (Escabanas)-Foto-Modesto
Rematamos o recorrido voltando pola Ponte da Rabecha. Esta ruta, o longo do Río da Lagarteira, unha vez axeitado e limpo de maleza, cos restos dos muíños descubertos, sería unha das rutas máis bonitas do entorno da Vila. Só falta unha decisión política.
“O Modesto Patrimonio: Muíños do Río da Lagarteira (I)” — Que pasa na costa