Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión

O Modesto Patrimonio: O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión
Podería entrar no Catálogo de Árbores Senlleiras, pois historia ten abonda. Modesto García Quintáns lévanos á “fronteira” entre Cee e Corcubión, onde falta por unir os paseos marítimos, para falar dunha fermosa árbore.

O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión

pino-corcubion-cee-2016-mirando-a-corcubion-copia Foto do piñeiro que une Corcubión e Cee de Modesto García Quintáns Antes do deslinde oficial entre Cee e Corcubión, os veciños destes concellos tiñan como referencia separatoria a un robusto piñeiro no borde da estrada e pegado ao litoral, frente ao actual (pero abandonado) Motel. O 21 de xullo de 1920 realizouse o deslinde oficial entre ambos concellos. Este acontecemento foi para dar cumprimento a Lei do 30 de Setembro de 1870 para a realización do Mapa Topográfico Nacional e a Lei 23 de Marzo de 1906 para a formación do Catastro Parcelario de España. As comisións encargadas de cada concello foron avisadas con antelación e citadas para as oito da mañán do día 21 de setembro de 1920, na praia de Estorde. Só se presentou a Comisión de Corcubión e, finalizada a xornada, apareceu a Comisión de Cee para dicir que non estaba conforme co deslinde realizado. O 13 de Agosto de 1962, unha orde do Ministerio da Gobernación obrigou a ambos concellos a facer un novo deslinde. O punto da reunión das Comisións foi xunto á Casa da Baia, xa desaparecida, que estaba no lateral dereito do camiño que sube ao cruceiro de Baldomar, coñecido como Camiño da Seca. A esta cita só se presentou a Comisión de Cee, formada por D. Antonio Trillo Durán e catro cargos máis. Non apareceu a Comisión de Corcubión sendo citada no seu debido tempo. Na actualidade existe un novo piñeiro que se supón heredeiro do primitivo pero que non coincide exactamente co deslinde oficial que, tras ser aprobado baixa, polo Camiño da Forca ata o eixe do Camiño da Seca onde está o cruceiro, segue polo eixe deste camiño ata encontrar a estrada da Coruña polo borde este, (polo que a mitade do camiño é de Cee e a outra mitade é de Corcubión) e continúa uns 39 m., polo borde este da estrada ata o primitivo muro de pedra (desaparecido) que cerraba a finca do serradoiro de Bautista Romero Moreira cara o mar. Esperemos que este novo herdeiro dure como recordo tanto ou máis anos que o seu ascendente. pino-ll-corcubion-cee-2016-mirando-a-ceea-cee-copia pino-de-corcubion-revista-villa-gallega-25-07-1924-copia o-pino-de-corcubion-1927-copia Imaxes históricas recollidas por Jano Lamas
  • Modesto García Quintáns.
 

Novas relacionadas

O Patrimonio Modesto

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios