xoves. 14.11.2024
El tiempo

O Museo da Fundación Fernando Blanco vólvese salvar polo apoio empresarial

O Museo da Fundación Fernando Blanco vólvese salvar polo apoio empresarial

Un ano máis, a supervivencia do Museo do Museo Fernando Blanco depende das entidades privadas. Resulta duro como ver como un centro cultural de referencia coma este quede á mercé da vontade empresarial.
I é que o centro, que acolle unha das coleccións de material didáctico, técnico e científico máis relevantes do patrimonio histórico de Galicia, desenvolve unha importante actividade cultural e educativa, con charlas, conferencias e outros eventos que o converten nunha visita obrigada non só para centros escolares da contorna, senón tamén para os turistas que visitan a comarca.

Pero así é e Ferroatlántica decidiu prorrogar un ano máis a achega extraordinaria de 3.000 euros ao Museo ceense co obxectivo de paliar as dificultades que atravesa a institución. Este importe vén sumarse aos 15.000 euros anuais (o 40 por cento dos seus recursos económicos) que anualmente xa recibe o Museo, en virtude dun convenio subscrito no ano 2008 entre a compañía e a Fundación, que se renova periódicamente.

Balance 2012

Neste sentido, cabo destacar que, durante o ano 2012, acudiron ao Museo máis de 3.000 persoas, experimentando un lixeiro aumento respecto ao ano anterior. Desde a súa apertura, recibiu un total de 39.000 visitantes.

En canto ás visitas guiadas e organizadas para colexios e asociacións co fin de coñezan a Colección, o antigo Instituto da Fundación e o Xardín Botánico, tamén experimentou un lixeiro incremento respecto ao ano 2011, acollendo a un total de 35 grupos. A cifra global de grupos visitantes desde a súa apertura ascende a 288.

Previsións para 2013

Dentro das actividades previstas para o ano 2013 caben destacar as seguintes:

  • Becas-Premio Fernando Branco Curso 2012-2103.
  • Concurso literario destinado aos centros educativos da contorna.
  • Continuación das clases de reforzo.
  • Exposición temporal.
  • Restauración de fondos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Fundación Fernando Blanco e de Ferroatlántica.

Comentarios