venres. 31.10.2025
El tiempo

Estas son as obras gañadoras do Certame Micro-Escenas M2 do FIOT

Alicia Wants To © Vanessa Rabade_2
Alicia Wants To © Vanessa Rábade
Estas son as obras gañadoras do Certame Micro-Escenas M2 do FIOT

Afrontando a última fin de semana do programa (podedes ver aquí a axenda), o Festival Internacional de Outono de Teatro vén de anunciar as obras gañadoras da IX edición do Certame Micro-Escenas M2, as obras seleccionadas polo público nas categorías de mellor espectáculo e mellor interpretación. 

As gañadoras, que recibirán en ambos casos un premio de 150 euros, son:

  • Gracias por su visita, de Uxía Algarra: Premio do Público ao Mellor Espectáculo 2025, cunha media de 4,56 puntos sobre 5.
  • Estrella Tomé, do espectáculo Alicia Wants To, de Bengala Teatro Físico: Premio do Público á Mellor Interpretación, cunha media de 4,62 puntos sobre 5.
Gracias por su visita © Vanessa Rabade_1
Gracias por su visita © Vanessa Rábade

Ademais, froito do acordo do FIOT con Culturgal neste 2025, as dúas pezas premiadas, ademais dos galardóns outorgados polo FIOT, serán convidadas a participar en Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, que terá lugar en Pontevedra no mes de novembro de 2025, co obxectivo de apoiar e visibilizar máis o seu traballo.
Esta IX edición do Certame de Micro-Escenas M2 do FIOT rexistrou un total de 347.

Comentarios