O Museo Fernando Blanco repite aposta pola fotografía coa Terra da auga de Ronquete
Volve o Museo Fernando Blanco de Cee apostar pola fotografía tralo éxito da Mostra de Marcos Rodríguez. Desta volta será o corcubionés Juanma Abelleira Ronquete, fotocolaborador desta casa, o que amosará 13 fotografías centradas na paisaxe da Costa da Morte na mostra "A Terra da auga". O sábado 6 de abril ás 18 horas terá lugar no Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee a inauguración.
A exposición poderá verse no Museo Fernando Blanco, que conta co patrocinio do Concello de Cee e de FerroAtlántica, e coa colaboración da Deputación da Coruña, ata o 11 de maio.
Juanma Abelleira Ronquete
Músico de profesión, nado en Corcubión no ano 1963. Cursou os seus estudos no Xosé Carrera, no seu pobo natal, no Instituto Agra de Raíces de Cee, e nos conservatorios da Coruña e Compostela. Adentrouse no mundiño da fotografía aló polos anos 80, contaxiado pola paixón que amosaban por esta algún dos seus mellores amigos.
Coa chegada da fotografía dixital, ante aposibilidade de retocar as súas propias fotos, e aproveitando as facilidades da rede, foise especializando no retoque, asistindo a cursos de Mestres de recoñecido prestixio, como José María Mellado.
Aínda que as súas obras impresas ata o momento son máis ben paisaxes, gusta de facer fotografía de “ocurrencias” nas que pretende transmitir ao espectador una mensaxe ou historia.Non se considera un fotógrafo “concursista” e a súa adicación básase máis ben na administración de grupos de fotografía (Tecendo Redes, Nikonistas Galicia, Galiza B/N…).
Os seus traballos viron a luz por primeira vez en exposicións colectivas como “Retrospectiva” co Grupo “Foto Clube Sálvora”, e “As nosas visións” con Emilio Romanos e Isidro Cea.
Novas relacionadas
- En marcha as Becas Fernando Blanco.
- Fotocolaboradores QPC: “Dende o seu punto de vista”.
- A fotografía e o pensamento copan as vilas de Cee e Corcubión.
Fonte
- Nota de prensa da Fundación Fernando Blanco.