O Oriente loureán arrasou no Entroido de Cee


Fermosa tarde de Entroido o pasado sábado de piñata en Cee. O pavillón ateigado para recibir comparsas de toda a bisbarra e despedir o entroido por todo o alto. Dirixido por Roberto Traba Velay e Marina Calo Bujeiro foi un concurso con clara cor de oriente muradán, pois a comparsa da Rueirada de Louro levou os dous grandes primeiros premios, o de Comparsa e de Carroza. Unha Rueirada que leva arrasando nos últimos anos.
A unha posta en escena impresionante non lle faltaron algunhas rimas (rumore rumore) para convencer ao xurado de que merecían os premios.
https://www.facebook.com/manuelcandamosendon.candamosendon/videos/2016121555269888/?t=5Por detrás quedaron os Trotamusicos de Fisterra, que repetiron o posto do Entroido de Fisterra coa súa irrevente copla, tan coidiciada a nivel local na vila do Cristo.
Dende Camariñas, os amigos de Pulpo á Jallega levaron o terceiro premio (e o segungo de carrozas) por diante da Trubisquiña de Vimianzo, o Clube Remo de Muros e os Dioses de Egipto. Levaron ademais accesits os Enjominados de Cee, Muros se va de romería (que levou o terceiro premio de carrozas) e Brillo en el podium.
Ademais, en categoría individual levouno Popeye e o de parellas para Saco de Patacas.



Novas relacionadas
- Entroido 18: APEM volveu ao Medievo para gozar do Entroido.
- Entroido 18: O Entroido de Fisterra, máis sagrado que a Resurrección.
- Entroido 18: Os coles abriron o entroido a base de festa:
- Entroido 17: O Entroido de Cee volveu bailar a ritmo da Rueirada. li>Entroido 2016: O Entroido de Cee bailou a ritmo da Rueirada.
- Entroido 2016: Os centros de ensino queceron o entroido de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)