Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica

O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica
comision-industria-ferroatlantica Onte reuniuse no Parlamento galego a Comisión de Insdutria onde se tratou o caso Ferroatlántica A Comisión de Industria aprobou onte no Parlamento galego "por unanimidade" unha proposición non de Lei  para reclamarlle á Xunta que paralice a segregación das actividades de produción de enerxía eléctrica e ferroaleacións por parte de Ferroatlántica e que non autorice a venda das centrais nos ríos Xallas e Grande. A proposta foi presentada pola deputada Loli Toja, que criticou a falla de transparencia do PP e do goberno, que “a día de hoxe continúan negando un proceso xa anunciado nos medios”. A responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de incumprir o seu compromiso de transparencia no proceso, asumido cos alcaldes da comarca, aos que enganou “xunto con tódolos veciños da Costa da Morte”. Toja sinalou que a Xunta anunciou en campaña electoral un investimento da empresa en Sabón ao que esta se comprometera a cambio da venda das centrais. Declaración unánime Ao respecto, a portavoz do BNG en materia de Industria - Noa Presas - pediu unha declaración clara e unánime contra esta venda ilegal e insistiu en que de ningunha maneira se poder realizar a venda dun ben público, nin é posible a segregación da produción eléctrica da actividade de ferroaleacións, e que ningún plan industrial pode estar vinculado á que a empresa “faga caixa” cun recurso que non lle pertence porque é de todos e de todas. “Ningún plan industrial de Ferroatlántica pode estar ligado á chantaxe dunha venta ilegal das centrais hidroeléctricas do Xallas”, proclamou Presas na Comisión de Industria, quen criticou a inacción política do Goberno galego. “O silencio da Xunta fai que a empresa nin se moleste en dar unha mentira crible para xustificar a venda das centrais, cada semana as cifras e os argumentos cambian, puro disparate”, alegou. O Bloque levará este asunto ao pleno da vindeira semana, no que a portavoz nacional, Ana Pontón, preguntará a Feijóo na sesión de control ao Goberno. O non do PP Pola súa banda, o grupo popular apoiou o acordo e o viceportavoz do partido, Miguel Tellado, lembrou que non hai proposta de venta das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande enriba da mesa da Xunta e que “cando a haxa, a única saída é cumprir a lei”. Na súa intervención, Tellado recordou que desde o final do ano pasado tanto o goberno galego como o grupo popular mantivéronse en contacto constante cos traballadores de Ferroatlántica e cos alcaldes da zona, que deron conta aos veciños do tratado en numerosas reunións. A estes encontros acudiron tanto o conselleiro Francisco Conde como o presidente Alberto Núñez Feijóo, e lembrou que “as súas explicacións deixaron satisfeitos a sindicatos e rexedores socialistas e nacionalistas”.  

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios