Sábado. 28.11.2020
El tiempo

O PP da Costa da Morte reúnese co conselleiro de Industria polo caso Ferroatlántica

O PP da Costa da Morte reúnese co conselleiro de Industria polo caso Ferroatlántica
pp-costa-da-morte-ferroatlantica Conde trasladoulle aos portavoces do PP na Costa da Morte a intención de crear un frente común contra a venda de Ferroatlántica O PP da Costa da Morte salta á palestra tras o anuncio do fin do encerro dos traballadores de Ferroatlántica na casa do concello de Cee. Así, o conselleiro de Industria - Francisco Conde -  trasladoulles aos portavoces populares da bisbarra a intención do goberno da xunta de "crear un frente común contra a venda dos activos que Ferroatlántica ten na Costa da Morte". Neste sentido, o responsable de Industria fixo referencia á proposta non de lei aprobada a semana pasada no Parlamento de Galicia cos únicos votos a favor do PP na a que a Xunta requería a elaboración de informes xurídicos que estudaran a compatibilidade da venta de activdos das empresas coa legalidade vixente. O encontro celebrado onte en Santiago de Compostela asistiron os representantes do PP nos concellos de Cee, Camariñas, Corcubión, Dumbría, Muxía, Zas, Fisterra e Vimianzo. Tamén asistiu Diego Calvo, presidente provincial do partido, Evaristo Ben, secretario de Organización e Territorio, e o novo delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro. Industria clave Segundo informa o PP nunha nota de prensa, tras a reunión con Conde, os portavoces do PP na Costa da Morte volveron a insistir na "importante repercusión económica" que esta industria ten para moitas familias da comarca e na "necesidade" de facer todos os esforzos posibles para lograr a súa continuidade. Ademais os populares sinalan que o seu interese por este asunto "non ven de agora" xa que segundo indican, tanto a portavoz de Cee - Zaira Rodríguez -, como o deputado Aurelio Núñez mantiveron unha reunión cos traballadores para coñecer de primeira man as súas preocupacións ademais do encontro que mantiveron a semana pasada co comité de empresa.  

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

comentarios