Xoves. 12.12.2019
El tiempo

O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte

O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte
O presidente de Ferroatlantica Larrea saindo do Concello de Cee cos traballadores manifestandose-Foto-Rafa Quintans O presidente de Ferroatlantica Larrea saindo do Concello de Cee cos traballadores manifestandose-Foto-Rafa Quintans

O Presidente do Grupo FerroAtlántica e conselleiro delegado de Ferroglobe, Pedro Larrea, veu de Madrid para visitar os Concellos de Cee e Dumbría durante esta mañá de luns 31 de outubro de 2016. Despois de recoñecer publicamente a existencia de ofertas para a venda das centrais hidroeléctricas, reuníase cos alcaldes Ramón Vigo e José Manuel Pequeño (que xa amosou o seu apoio aos traballadores), para explicarlles a situación.

Ás portas do Concello de Cee xuntouse un centenar de traballadores e persoas preocupadas polo futuro da Costa da Morte, sendo conscientes de que a “Venda das centrais”, pode ser “a Ruína da comarca”.

Segundo nos conta Alfonso Mouzo, do Comité de Empresa, que vén de falar cos dous alcaldes, “Larrea viu dende Madrid, unha semana despois de reunirse con nós aló, para contarlle aos alcaldes o mesmo que nos contou a nós. Que é unha boa oportunidade de negocio para o Grupo Villar Mir”, algo que o Comité entende como unha pura acción especulativa cos ríos de Galicia. “Non presenta nin Plan Industrial nin nada, así como imos crer que se poden manter os 400 postos de traballo que sustentan esta comarca”, sinala un Mouzo que califica a visita como “unha tomadura de pelo”. “O Grupo de Villar Mira necesita líquido porque ten numerosas débedas, e vende as xoias enerxéticas de Galicia, que non son del, son da Xunta, de todos os galegos. Ademais están vendendo outras tres novas minicentrais que non teñen aínda licencia de explotación, prevista para o vindeiro mes de abril”, recorda Mouzo en relación ás obras das centrais hidroeléctricas do Xallas (Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo) que están en fase avanzada de construción.

O presidente de Ferroatlantica Larrea saindo do Concello de Cee cos traballadores manifestandose-Foto-Rafa Quintans 2 O presidente de Ferroatlantica Larrea saindo do Concello de Cee cos traballadores manifestandose-Foto-Rafa Quintans

A Mobilización social, a chave

Un Comité que ten claro que a mobilización social é clave para paralizar esta venda. Unha venda que ademais podería supoñer o futuro peche das fábricas, pois “o que facemos nós aquí o poden facer noutros lugares como China, Venezuela, Sudáfrica… con man de obra moito máis barata e menos esixencias medioambientais. Aquí manteñen a produción porque a enerxía sae de balde. Como non nos imos preocupar?”.

En todo caso, “para levar adiante a venda necesitan o visto bo da Xunta, e pesar de que parece que ca Xunta deben ter todo amañado, vai depender da mobilización da zona. Se hai moita mobilización, Feijoo vai ter que escoitarnos. Xa temos máis de 1400 sinaturas en Change.org a pesar de que medios como La Voz ou El Correo están ignorándonos completamente. Pero confiamos en que a veciñanza da Costa da Morte siga mobilzándose como ata agora”, apuntan.

O presidente de Ferroatlantica Larrea saindo do Concello de Cee cos traballadores manifestandose-Foto-Rafa Quintans 2 O presidente de Ferroatlantica Larrea saindo do Concello de Cee cos traballadores manifestandose-Foto-Rafa Quintans

Vindeira reunión

O Comité ten reunión esta mesma tarde de luns 31 de outubro con todos os alcaldes da comarca (que xa manifestaron tamén publicamente o seu apoio aos traballadores) ás 19:00h no Concello de Dumbría.

Dende o Comité tamén botan en falta a presencia do director das plantas costeiras, un Carlos Oliete que sempre apoio aos traballadores, pero que agora “asegura non saber nada”, segundo o Comité. “Oliete está amortizado”, lamentan.

Novas relacionadas

  Fonte

Comentarios