Martes. 10.12.2019
El tiempo

O PSdeG presenta no Parlamento unha proposta non de lei para frear a venda de Ferroatlántica

O PSdeG presenta no Parlamento unha proposta non de lei para frear a venda de Ferroatlántica
Pouco despois de que os traballadores de Ferroaltántica anunciasen a folga, coñecíase que o o PSdeG presentará ante a Mesa do Parlamento unha proposta non de lei polo caso. Faráo a través dos seus deputados Abel Losada Álvarez e Dolores Toja Suárez durante a Comisión de Industria que se celebra esta tarde no Parlamento galego. Na proposta non de le ínstase á Xunta de Galicia a adoptar as medidas legalmente axeitadas para evitar a segregación das actividades de producción de enerxía eléctrica e ferroaleacción por parte de Ferroatlántica; non autorizar a venda das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande; exisir a Ferroatlántica o mantemento da actividade productiva e dos postos de traballo na factoría de Ceee e solicitar que os postos de traballo que se derivan da xestión, administración, contabilidade e explotación da división de enería recaian no centro de traballo de Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas tal e como foi dende sempre.  

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios