O PSOE de Cee abandona o goberno

22:20 03/04/11

Primeiras reaccións políticas aos sons da "Operación Orquesta". Tras dous meses de trama e tras repetir o seu apoio ao alcalde ao son do "Ánimo Ramón", a Agrupación Socialista no concello de Cee, informa de que este luns 5 de abril de 2011 anunciará a renuncia de todos os seus concelleiros a formar parte do goberno municipal.
Deixamos o comunicado íntegro que fai a Agrupación Socialista no concello de Cee:
- 1.- Amosar o noso respecto e apoio a acción da xustiza para un rápido esclarecemento dos feitos.
- 2.- Seguimos reafirmando o noso compromiso coa salvagarda do ben xurídico da presunción de inocencia para con tódolos imputados neste asunto.
- 3.- Que o Partido Socialista en Cee, por responsabilidade e facendo honra a un pacto de goberno subscrito o principio da lexislatura con IxC, mantivo unha posición política responsable en aras a garantir a gobernabilidade do Concello e a que a situación creada non afectase o funcionamento ordinario da institución.
- 4.- A evolución dos acontecementos, o práctico esgotamento da lexislatura, a maioritaria demanda da nosa militancia e da base social que nos prestou o seu apoio electoral fai catro anos, e a opinión unánime das persoas que conforman a lista electoral que concorrerá as eleccións do próximo 22 de maio polo Partido Socialista en Cee, fainos reconsiderar a nosa permanencia no goberno municipal.
- 5.- Como consecuencia diso, o próximo luns, tódolos concelleiros socialistas presentaremos a nosa renuncia a formar parte do goberno municipal e comunicarémoslle o Alcalde a nosa intención de pasar a oposición.
- 6.- O Partido Socialista non abdica das súas obrigas como forza política comprometida con Cee e, dende unha oposición responsable e comprometida cos cidadáns, seguirá traballando para que os veciños e veciñas do noso concello non vexan frustradas as súas expectativas individuais e colectivas.
Asdo: Partido dos Socialistas de Cee.
Novas relacionadas
- Os novos imputados de Cee pasaron declaración e chaman ao arquitecto da Casa da Cultura.
- Amancia Trillo volve liderar o proxecto do PSOE de Cee.
- Saíron reforzados os alcaldes imputados na Operación Orquestra?.
Fonte
- Nota de prensa da Agrupación Socialista de Cee.