Venres. 11.10.2024
El tiempo

O reto de ser eficientes (enerxeticamente)

O reto de ser eficientes (enerxeticamente)
A estación de servizo Bazarra de Cee acaba de instalar paneis solares para reducir o consumo de electricidade A estación de servizo Bazarra de Cee acaba de instalar paneis solares para reducir o consumo de electricidade Por sorte cada vez son máis as empresas que se suman ao reto de ser eficientes a nivel enerxético. E tamén por sorte, na Costa da Morte hai varias que teñen entre a súa misión este reto. Un claro exemplo, é a estación de servizo Bazarra de Cee que nos últimos dous anos levou a cabo unha serie de transformacións que a converten nunha empresa comprometida co medio ambiente e nun referente a nivel nacional. A súa última adaptación foi a instalación de paneis solares no teito da estación de servizo. Estes paneis aproveitan a luz do sol para xerar unha boa parte da enerxía eléctrica necesaria para o correcto funcionamento do centro incluso e para a zona de lavado automático de coches. "Nos días de máis luz somos autosufientes", asegura Julio López xerente do grupo Bazarra. Con esta medida, a empresa reduce, por un lado, o consumo de enerxía e, por outro, ten un maior control sobre os costes de producción.     aproveitamento auga bazarra cee   Outra das accións que levaron a cabo recentemente en Bazarra foi a incorporación dun sistema de aproveitamento da auga da choiva. Este sistema, implantado en todos os teitos da estación consiste en recoller a agua pluvial para un tanque. Tras un proceso de filtración, esta agua da choiva reutilízase para o lavado de coches, tanto automático como manual, úsase no taller e ofréceselle gratis ás autocaravanas. Este tipo de auga tratada, coñecida como auga osmotizada, ten múltiples beneficios entre os que destaca a súa calidade xa que ten unha menor cantidade de contaminates. Lavado vertido cero lavado coches bazarra cee A recollida das augas pluviais e posterior tratamento fai que Bazarra sexa unha empresa pioneira no lavado automático dos coches co seu "lavado vertido cero". Durante a fase de prelavado, auga a presión e champús - o que supón o 80% do consumo total da auga consumida -emprégase auga reutilizada en varios lavados. Esta reutilización da auga, totalmente válida para a fase do prelavado reduce os vertidos residuais á rede municipal de alcantarillado. A fase final deste tipo de lavado de coches, a de encerado e aclarado, realízase coa auga pluvial recollida a través do seu sistema de aproveitamento da auga da choiva. O que supón un 20% do consumo total de agua para o lavado dos coches. Segundo explica Julio López, "todas estas medidas convértennos nun referente a nivel nacional da marca Repsol". Ademais destas adaptacións, a estación de servizo Bazarra comprométese co medio a través da recollida selectiva de residuos con contenedores en todo o centro. Grazas á implatación destas medidas, a estación de servizo Bazarra de Cee opta á certificación na Normas ISO 9001:2008 e 14001:2004. Fonte  

Comentarios