Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O teatro Colón acolle a final do concurso Quero Cantar

O teatro Colón acolle a final do concurso Quero Cantar
Pablo Diaz actuara durante a gala do I concurso musical infantil Quero Cantar organizado pola Deputacion da Coruna Pablo Díaz actuará durante a gala do I concurso musical infantil Quero Cantar organizado pola Deputación da Coruña A Costa da Morte estará hoxe representada no primeiro concurso de canción infantil, Quero Cantar, organizado pola Deputación da Coruña e que terá lugar esta tarde no teatro Colón da Coruña. Alumnos e alumnas do Manuela Rial de Cee e Elsiña, de Colaxe (Laxe) serán os os representantes da bisbarra. Un total de cinco bandas de música infantil optan ao primeiro premio do certame. A responsábel das áreas de Cultura e Normalización Lingüística, Goretti Sanmartín, agarda que o concurso “serva para incentivar a creación musical en galego e acompañe ao bo momento da música para o público infantil”. Os finalistas superaron as dúas fases previas para as que foran inicialmente admitidas 17 propostas entre as que se incluían traballos de Laxe e Carnota . Nun primeiro momento foi un xurado formado por artistas profesionais quen seleccionou 10 delas e, posteriormente, o público puido votar a través das redes sociais para escoller os cinco nomes que o próximo martes han interpretar en directo os seus temas. Estes nomes son os da Banda Batuke, do colexio das xesuitinas da Coruña, Leila Santos, Colaxe, Xente Miúda de San Orente e o grupo do Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee. A gala ha estar conducida pola actriz coruñesa Isabel Risco e contará coa participación como artistas convidados de Pablo Díaz e Tic-tac-toc, un dos referentes na actualidade do panorama da música infantil galega. Xurado Nesta final a responsabilidade de elixir o grupo e a canción vencedora absoluta do certame vai recaer nun xurado formado por cinco nenas e nenos, todos eles de diferentes etapas de educación primaria e con formación musical acreditada, que foron propostos para esta función por mestras e mestres de diferentes colexios coruñeses. Desde a organización saliéntase que máis ca unha final o que se pretende é que a gala sexa toda unha festa. Desde a Deputación valórase que o obxectivo fundamental do concurso logrouse desde o mesmo momento en que todas a cada unha das rapazas e os rapaces que participaron, axudados por mestres e mestras e tamén pais e nais, se meteron de cheo no proceso de creación das cancións. A vicepresidenta e responsábel das áreas de Normalización e Cultura destaca que “as distintas etapas do concurso fixeron que nenos e nenas se divertiran e aprenderan. O concurso serviu xapara que as crianzas crearan tocara e cantaran na nosa língua e iso é xa un obxectivo cumprido”. Premios Os premios principais deste certame son, en primeiro lugar, a edición en CD dos 10 primeiros clasificados e a súa distribución de balde e en exclusiva para colexios públicos de toda Galicia. Ademais, o grupo que resulte vencedor da gala final ha gravar un videoclip da súa canción e recibirá 300 euros destinados á compra de material musical. Os restantes catro finalistas tamén han recibir cadansúa cantidade para a compra de material.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios