Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O último impulso á Casa da Cultura de Cee?

O último impulso á Casa da Cultura de Cee?
Casa da Cultura de Cee

Costa crel o tras 13 anos de retraso e ducias de promesas de apertura. Pero segundo anuncia estes días a Deputación da Coruña, o ente provincial vén de asinar un convenio co Concello de Cee para financiar as obras necesarias que permitan a posta en marcha da Casa da Cultura de Cee.

A achega provincial, de 165.000€, permitirá o subministro e a colocación da estrutura do escenario, obras nas zonas comúns da planta baixa e de acondicionamento na sala de exposicións, e actuacións rede eléctrica e de contraincendios. Unha axuda que aseguran "supón o financiamento do 100% do orzamento total do proxecto redactado por José Carlos Leis Caruncho".

Sen embargo, valoran tamén que "con este investimento tan só quedará pendente a dotación do mobiliario interior no auditorio". Un auditorio con 500 butacas, cun escenario de 140 metros cadrados, que necesitará aínda doutra nova adxudicación.
Teremos que ver canto tarda en aprobarse.

Repaso da Casa da Cultura de Cee

Falamos dun proxecto que comezaba en 1998 e tiña que estar rematado no 2000, como indican as súas fiestras. Pero non foi así e ano e tras ano os sucesivos gobernos foron anunciando a chamada "última partida". No Ramón Vigo xa puña unha data de remate: 2009. Iso si, facían falta 1,5 millóns de euros. Pero chegou 2009, non sen antes chegar un impulso do Ministerio.

En 2009, o Concello empregaba 400.000€, pero o apoio do Ministro de Cultura César Antonio Molina esvaecíase. En 2010 eran 150.000€ os empregados polo Concello, completando un investivemento total de 3 millóns de euros.

En 2011, a Casa da Cultura vivía unha das súas esperpénticas vivencias. En plena campaña electoral Ramón Vigo decidía realizar unha fin de semana de portas abertas para deixar caer que a obra estaba a piques de rematarse.

Pero sen dúbida, a historia máis grave chegou ca Operación Orquesta unha vez que relacionan a través de escoitas telefónicas ao propio Leis Caruncho coa empresa máis ligada á trama: Ogando.

Así, en pleno 2013, 13 anos de retraso, e máis de 3.165.000€ investidos nunha obra faraónica que aínda non ve o seu final.

Nova a nova

Fonte

Comentarios