Domingo. 07.08.2022
El tiempo

O Virxe da Xunqueira aumentará o Servizo de Diálise

O Virxe da Xunqueira aumentará o Servizo de Diálise
O pasado mes de novembro deron comezo as obras para a ampliación do servizo de diálise, que cunha inversión de máis de 500.000 euros, duplicará a superficie da actual unidade, que pasa de 90 m2 a 188 m2; e os postos de atención aos pacientes pasan de 4 a 14. A EOXI ten previsto o remate das obras no mes de febreiro do próximo ano.Denuncian o desmantelamento do Hospital Virxe da Xunqueira Do mesmo xeito, e dentro deste programa de melloras, dous dos tres quirófanos que forman parte do bloque cirúrxico do Hospital Virxe da Xunqueira están a ser modernizados e dotados de nova aparataxe. Posteriormente farase o mesmo no terceiro quirófano. As actuacións consistirán na sustitución do chan, saneamento e pintado das paredes, e sustitución das lámpadas e mesas de quirófano. Todas estas actuacións estarían valoradas entorno aos 200.000 €. Todo isto vense a sumar aos traballos que se están a levar a cabo nos últimos tempos no Virxe da Xunqueira, nos que tamén se aportaron medios como por exemplo o mamógrafo dixital, un novo arco cirúrxico, CARDEX Farmacia (sistema de dispensación automatizado), dotación para teleasistencia do ICTUS, aparataxe electromecánico por valor de 150.000 euros (desfibriladores, ecocardiogramas, monitores, eco-doppler, pulsiosímetros, carros e neveiras de medicación, ...), ademáis dun ecográfo, un videogastroscopio para o servizo de Aparello Dixestivo, unha sala dixital (Rx xeral), a renovación das máquinas de anestesia e a sustitución do TAC.

comentarios