Martes. 16.04.2024
El tiempo

Oe+, ou a vangarda en materia auditiva dende Cee para toda España

Oe+, ou a vangarda en materia auditiva dende Cee para toda España
Centro Auditivo OEmais en Cee Ás portas do Centro Auditivo OE+ en Cee Oe+ é a nova marca do Centro Auditivo Nordés, o centro de referencia en toda comarca. Están realizando a integración cos centros adheridos de Ordes e Lalín, co afán de mellorar a calidade dos servizos ofrecidos. Unha integración ilusionante que permite ademais ampliar servizos pois por exemplo, en Ordes o grupo conta con audioloxía infantil (apenas hai 6-7 centros autorizados por Sanidade en toda a provincia) e son varios os rapaces da comarca que xa teñen pasado por ela. Pero falar de Oe+ é obrigatorio falar de vangarda, de innovación. “E para iso hai que diferenciarse, hai que investir”, explica con claridade e ilusión Lucas Fernández. “Queremos seguir sendo pioneiros, ser unha referencia para toda GALICIA, ao incluir na nosa bateria de probas a determinación de PEATC (Potenciais Estables Auditivos de Tronco Cerebral) mediante os cales poderemos obxetivar o funcionamento real da vía auditiva e incluir en futuras adaptacións de audífonos a personas que ate o de agora era moi complicado avaliar coma son nenos de moi curta idade ou con problemas de atención, pacientes con deterioro cognitivo, e outras alteracións que poden dificultar unha valoración auditiva estandar. Tamén os PEATC estarán dispoñibles para médicos especialistas en ORL (otorrinolaringólogos) que busquen confirmación da súa diagnose, xa que estas probas so estan dispoñibles en moi poucos hospitais galegos”, explica.

Laboratorio propio de máxima innovación

O que máis sorprende do Centro, situado na Avda. Fernando Blanco, é o seu taller-laboratorio, que lles permite ser creadores de parte dos produtos que venden. ”Máis do 80% dos produtos que vendemos elaborámolos aquí”. As mans xa expertas das audiólogas do equipo, Verónica Mouzo e María Elena Martínez, traballan nos diferentes procesos fabricando: moldes para audifonos, EPIs para ruído (proteccion auditiva), atenuadores de son para músicos e/ou personas que acuden a concertos ou lugares con ruído, tapóns para durmir sen escoitar ronquidos ou ruidos molestos, para mellorala concentración durante o estudo… Entre as súas innovacions exclusivas están os protectores para aqueles que fan deportes de auga: Surf, Kite-Surf, body-board, piscina.... “Especialmente indicado para os primeiros teñen uns protectores especiais que permiten a protección do oído contra a temida exostose (crecemento do óso do conducto auditivo) que é moi frecuente en quen practica deporte en augas frías como son as das nosas costas. Estes tapóns permiten protexer o oído pero mantendo a sonoridade ambiental, algo importantísimo para axudar a regular o equilibrio sobre unha táboa de surf, por exemplo”. Maria Elena Martinez Lucas Fernandez e Veronica Mouzo son a familia do Centro Auditivo OEmais en Cee María Elena Martínez, Lucas Fernéndez e Veronica Mouzo son a familia do Centro Auditivo OE+ en Cee

“Servizo a domicilio e a empresas

Así explica Lucas Fernández a intención do grupo de extendélos seus servizos e chegar de forma directa a clientes particulares e empresas. “Actualmente xa temos traballando a unha audióloga facendo servizo a domicilio para ofrecer a posibilidade dunha revisión e axuste dos audífonos a aqueles que por motivos de saúde non poidan desprazarse ate os nosos centros. Tamén empresas coma alguns xeriátricos, carpinterías, fábricas de diferentes sectores e autónomos que traballan con ruído requiren os nosos servizos e facémoslles o servizo nas súas instalación para que os traballadores non teñan que desplazarse”.

”Este audífono non é noso!”

Outro exemplo de servizo diferenciador en OE+ é a readaptación de audífonos. En que consiste? “Ás veces veñen personas con audífonos que non foron mercados nos nosos gabinetes. Para aqueles ós que lles doaron ou regalaron uns audífonos e non saben onde acudir para que llos programen, ou ben aqueles clientes que están descontentos coa óptica ou o centro auditivo onde mercaron esos audífonos, en OE+ ofrecemos a posibilidade de poñer a traballar os nosos coñecementos e intentar optimizar o rendimento deses audifonos ata entón desaproveitados. Este tipo de servizos só o damos, que eu sepa, 6 centros auditivos en toda Galicia. O motivo principal é que a maioria das empresas non teñen acceso a tódolos programas necesarios para poder reaxustar os audífonos. Nós sí. Traballamos multimarca. Outro dos motivos é que hai moi poucos audiólogos que estén suficientemente formados e coñezan como traballan os softwares de outros distribuidores que non sexan o seu habitual”, explica Fernández. ”OE+ busca dar solución ós problemas auditivos. Somos conscientes do custe dun audífono e parécenos inapropiado que alguen invirta cartos nun audífono e despois non poida úsalo por estar mal axustado”.

Auriculares personalizados para músicos e deportistas

Noutra liña vangardista xa están traballando na produción de auriculares a medida destinados a calquera cliente que goste de escoitar música cunha calidade, segundo nos comentan, excepcional. “Sempre tivemos gañas de traballar con xente do eido da música, e queremos que músicos profesionais e amateurs teñan a posibilidade de adquirir auriculares a medida a uns prezos razonables. Paralelamente sinala que “a protección auditiva para os músicos resúltanos esencial. Xente que ben por profesión ou por lecer toca un instrumento debe ser coidadosa co seu órgano auditivo. Para iso contamos con tapóns a medida que ofrecen diferentes graos de protección para atenuar o son ambiental e do propio instrumento (ou instrumentos cando se trata de tocar nun grupo ou orquestra) e así diminuir o impacto sonoro que pode ter sobre a saude auditiva do músico”. Tanto para os IEM coma para os tapons ofrecen 2 tipos de materiais distintos e a posibilidade de personalizar o produto escollendo cores e incluso serigrafiando o nome do cliente ou algunha imaxe. Algúns profesionais como o trompetista Ricardo Formoso, Iago Hermida actual batería de Ruxe Ruxe, ou Santi, o gaiteiro da fin da terra, que toca na Barca ao solpor, xa usan a tecnoloxía ceesa. Pero os auriculares que tamén valen para deportistas, como runners que escoitan música durante os adestramentos ou durante as probas. “Ao ir feitos a medida incluso cos movementos máis bruscos non se saen da orella". E se non que llo pregunten aos bravos de DaFIT. O mellor é que non son nada caros, pois reducen costes ó facela produción e montaxe no seu taller- laboratorio, e segundo o numero de vías (de 1, 2, 3, 4 e ate 5 vías) e a esixencia do cliente os prezos poden variar entre os 250 e os 900€. En comparación con algúns dos IEM máis coñecidos coma os da marca Shure, nas súas gamas máis baixas xa che poden custalo mesmo pero sin ser feitos a medida nin disponer da opción de personalizalos.

Responsabilidade Social Corporativa

Outra das partes importantes desta pequena pero gran empresa costeira, é a súa labor social, pois colaboran con distintas asociacións culturais e con colectivos máis desfavorecidos. De feito, a entidade colabora con Cáritas, Fundación Fernando Blanco, cas categorías inferiores do UC Cee e do ACB Costa da Morte, co equipo galego de rallye Lar-Carc, ca Fundación AFIM, así como as pertinentes colaboracións con diferentes comisións de festas e outros eventos nas comarcas. Ademais tamén dan formación, tanto con charlas gratuitas sobre saúde auditiva en concellos e organismos, e tamén teórico-práctica aos alumnos que estudian audioloxía no IES Anxo Casal (Monte Alto -A Coruña-).

Posibilidade de franquiciarse

Innovan ata no xeito de vender os audífonos e xa están pensando en incorporar novas fórmulas para reducir aínda máis os prezos e facilitara adquisición de servizos de calidade a todos os petos. "para o 2019 ofreceremos un servizo que ainda non existe en España para os audífonos, na que o cliente só se preocupará de pagar unha pequeña cuota ó mes levará todos os servizos incluidos" Pero ademais en setembro comezan co proceso de selección de posibles franquiciados, tanto para novos centros auditivos coma para ópticas que queiran ampliar os seus servizos ao eido auditivo. "Dende OE+ ofrecemos unha imaxe, un negocio consolidado, un saber facer co cliente que ten necesidades auditivas e unha ampla carteira de servizos e produtos, algun deles inexistentes noutros centros, coma alguns dos que mencionei antes (os PETC)”. Teñen claro que poden aportar moita experiencia, ofrecendo un servizo de tutorización para a creación do gabinete, axuda na adquisición de aparellos, na disfribución dos locais… aproveitando ademais o potencial publicitario do grupo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-xente-dinos-que-lle-cambiamos-a-vida%E2%80%9D/ https://quepasanacosta.gal/a-linguaxe-aguda-da-costa-da-morte/

Comentarios