A oposición de Cee vólvese unir para pedir outro pleno pola falta de diálogo na xestión do COVID
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2011/01/31/Concello-Cee.jpg)
Por segunda vez, os grupos municipais da oposición no Concello de Cee (PP, IxCEE, BNG e Grupo Mixto-Cs), volven solicitar un pleno extraordinario para estudar e debater sobre “a compra dos aparatos de desinfección para a loita contra o Covid”.
Os catro portavoces coinciden en sinalar que “tivemos coñecemento polos medios de comunicación, da adquisición dos aparatos de desinfeción para loita contra o Covid-19. Consideramos que habendo unha comisión, con representación de todos os grupos da oposición, que non foi convocada para infromar e/ou concordar a idoneidade das compras, faise imprecindible que a alcaldesa dea as explica oportunas, así como que escoite as nosas aportacións para loitar contra a pandemia”.
Aproveitan para lembrar que “a alcaldesa esquece que goberna cunha minoría importante, con catro de trece concelleiros/as, polo que o diálogo debería ser a tónica dominante, mais non o está sendo”.