Xoves. 04.06.2020
El tiempo

Os 4 grupos da oposición únense para criticar a xestión do goberno de Cee sobreo COVID-19

Imaxe da entrada do Concello de Cee con algunhas das medidas de prevención contra o coronavirus
Imaxe da entrada do Concello de Cee con algunhas das medidas de prevención contra o coronavirus
Os 4 grupos da oposición únense para criticar a xestión do goberno de Cee sobreo COVID-19

Antonio Domínguez García (PP), Ramón Vigo Sambade (IxCee), Serxio Domínguez Louro (BNG) e Juan Ramón Hermida Fandiño (Cs) veñen de asinar un documento conxunto arredor da situación municipal do Concello de Cee. Os 4 grupos da oposición lembran que levan pedindo, dende o comezo do estado da alarma, a creación dunha comisión de seguemento do COVID-19. A resposta chegou o pasado 5 de maio, pero dende a oposición lamentan que ademais dos voceiros dos grupos políticos, non se incluise, como solicitaran aos “máis importantes: [email protected], hostaleiros, comerciais e industriais”.

En todo caso a comisión aínda non se convocou a ningunha xuntanza, a pesar de que o Concello anunciara xa nos medios que “vai a blindar Cee ao coronavirus, convertindo o noso Concello nun espazo libre do mesmo”.

Critican ademais unha das medidas anunciadas para facelo, que non era outra que desinfectar as dependencias municipais con “auga ionizada, cando persoal autorizado nos asegura que non é un método de garantías”, explican os opositores. Outra medida anunciada pola alcaldesa Margarita Lamela foi “a compra dun aparato xenerador de ozono para desinfectar o ambiente nas dependencias e coches municipais. Isto resulta máis grave e perigoso, pois a Consellería de Sanidade ten dito e anunciado que o ozono non está avaliado como sustancia activa biocida pola Axencia Europea de Productos Químicos(ECHA). O ozono pode provocar tos, irritación de garganta, da pel e incluso cegueira”, denuncian os grupos.

Por estas cousas piden ao grupo de goberno que se informe con “persoas e empresas especializadas” e alarman que “resultan moi perigoso socialmente xerar unha falsa sensación de seguridade”.

comentarios