Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os 5 mellores expedientes dos IES Fernando Blanco, premiados polo eterno mecenas

Os 5 mellores expedientes dos IES Fernando Blanco, premiados polo eterno mecenas
Emotiva entrega dos VII Premios Académicos Fernando Blanco

Son sempre unha cita emotiva entrega dos VII Premios Académicos “Fernando Blanco” correspondentes ao curso 2017-2018. A Fundación Fernando Blanco tratan, xunto co Instituto, por un lado de recoñecer o esforzo, traballo, dedicación e aptitudes dos alumnos e alumnas, así como, ao mesmo tempo, recuperar una tradición histórica da Fundación Fernando Blanco, que vén xa do 1886.

Así, este ano os premiados nesta sétima edición dos Premios Académicos “Fernando Blanco”, que levan un premio valorado en 500€( 220 € en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores) son Paula Pérez Trillo Lago (3º ESO), Darío Lago Beiro (1º Bacharelato); Paula Fandiño Trillo (1º Bacharelato), Andrea Caramés (1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas) e Daniel Costa Espasandín (1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas).

A Fundación Fernando Blanco de Lema (patrocinada por FerroGlobe e polo Concello de Cee) e o IES Fernando Blanco de Cee, contan coa colaboración varias firmas comerciais (Estación de Servizo Bazarra, Abanca, Grupo Santitel, Centro Comercial Finisterrae, Roberto G. Rigaut S.L., Compucee, Fersi Papelería, Ler Librerías, Aurora Sport, Cabo Sport, Seguros Costa da Morte, Parques e Xardíns Manuel García, Limbo Ropería).

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/mais-de-200-alumnos-dubidaron-sobre-a-percepcion-real-das-cousas-con-castro-rivadulla/ https://quepasanacosta.gal/a-fundacion-fernando-blanco-de-cee-entrega-os-premios-do-iv-concurso-de-debuxo-e-do-v-concurso-de-relatos-cortos/ https://quepasanacosta.gal/a-fundacion-fernando-blanco-premio-aos-mellores-do-instituto/

Comentarios