Xoves. 01.10.2020
El tiempo

Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas

Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
O Comite de Ferroatlantica en Dumbria con Pequeno Pequeño foi un dos primeiros en manifestar publicamente o seu apoio ao Comité de Empresa

Despois da visita do presidente de Ferroatlántica, o Comité de Empresa de Ferroatlántica tivo unha nova reunión cos alcaldes da comarca, que xa manifestaran o seu apoio aos traballadores hai un par de semanas. Uns alcaldes que reiteraron o seu rexeitamento ás pretensións da empresa, manifestando publicamente que “a única garantía de futuro para as fábricas de Cee e Dumbría e os empregos é manter vinculadas e dentro do mesmo grupo as actividades de ferroaliaxes e de produción de enerxía”.

Nese sentido, igual que solicita o Comité (e máis de 1700 veciños a través da rede), piden a intervención inmediata da Xunta de Galicia e do seu Presidente porque “é o único que pode paralizar e desautorizar esta operación especulativa”.

O Comité non cre que “as factorías xa non dependen da producción de enerxía (como aseguran)”, e de ser así entenden que “é o momento de que a Xunta de Galicia, e como salvagarda do interese público, recupere o control público das concesións e non permita unha operación especulativa co recursos naturais da nosa comarca”.

O Comité aproveita para “denunciar a campaña de mentiras e contaminación coa que a empresa pretende enganar a opinión pública con promesas e proxectos que só figuran no imaxinario do Sr. Larrea. Nin a venda repercute na comarca, nin sería xustificación como tampouco que os cambios administrativos dos fluxos do sistema eléctrico amparan as pretensións de segregación de actividades. Esa “operación de ouro” para o grupo (como a empresa o denomina) significa a ruina da comarca e así o expresaron cantos foron a “recibilo”. A mensaxe foille clara “as centrais e os nosos recursos naturais non están en venda” esperemos que o goberno do PP tome boa nota”, sinala o Comité.

Así, o Comité de empresa ao igual que os Alcaldes, esixen da empresa que “cese no seu empeño de vender as centrais e a demanda dun Plano Industrial de futuro en base as condicións que permitiron a autorización administrativa dos aproveitamentos hidráulicos”. E valoran que “a industrialización e inversión na comarca é unha demanda histórica de xustiza social pola espoliación dos recursos naturais da nosa Comarca.

Novas relacionadas

  Fonte

comentarios