Os alumnos ceenses disfrutan dunha fin de curso de campamento sen saír da casa
08:10 16/06/14
Que ben o pasan os alumnos ceenses do CEIP Eugenio López cada vez que saen de campamento. E non teñen que ir á outra punta do mundo, con pasar un par de días en Estorde xa o pasan de medo. Así nolo conta Rafa Quintáns, da ANPA Uxío, que nos manda estas fotos de como os alumnos disfrutaron da natureza e de moito máis.
De feito, tiveron a sorte, como durante a estancia do ano pasado, de aprender como traballan os cans da Unidade de Rescate de Cans da zona, auténticos salva vidas.
Xa están pensando na Festa de Fin de curso, do dia 19 no pavillón municipal, con inchables, merendola, música e moitas sorpresas, que servirá para pechar un curso cheo de emocións e traballo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).