Xoves. 19.09.2019
El tiempo

Os centros de ensino queceron o entroido de Cee

Os centros de ensino queceron o entroido de Cee
Entroido na Escolina de Cee-Foto-Fatima Fdez Entroido cos pitufos na Escoliña de Cee-Foto-Fatima Fdez

Esperando estamos para ese Concurso de Comparsas do vindeiro sábado en Cee. Pero esta fin de semana serviu para quecer motores, e foron os centros de ensino os primeiros en poñer o disfraz.

Os máis madrugadores foron os máis piquiniños, os da Escoliña. Disfrazados de Pitufos, recibiron ás súas familias, e entre todos disfrutaron de lambetadas de Entroido e dun contacontos.

 

O Eugenio

Entroido do Eugenio Lopez-Pepe Canizo copia Entroido do Eugenio Lopez-Pepe Cañizo

Fantástio o desfile dos rapaces do CEIP Eugenio López polo centro da vila. O venres respetou o tempo e puideron sacar os barcos, en homenaxe aos mariñeiros. Tamén sacaron os naipes para botar unhas partidas e fixeron de momos por todo o centro da vila.

Entroido do Eugenio Lopez-Pepe Canizo copia Entroido do Eugenio Lopez-Pepe Cañizo  

De Grease no Fernando Blanco

Grease no Entroido do IES Fernando Blanco Grease no Entroido do IES Fernando Blanco

O pasado venres 5 de febreiro, no IES Fernando Blanco dedicouse media mañá ao formalismo das clases, pero como non podemos esquecer as celebracións... as últimas clases distaron moito do día a día. Alumnos e alumnas actuaron e puxeron en escena diferentes coreografías, realizaron trucos de maxia, etc... A temática deste ano era o cine e a película protagonista foi a de GREASE pois abriu e fechou o acto.

A primeira actuación foi de alumnado de Bacharelato, seguiu un grupo do ciclo formativo de Automoción que ían de Exterminator, o grupo de teatro do noso centro (Tuéjele) tamén participou cun aspecto digamos que… ratonil. Houbo tamén bastantes alumnos, alumnas e profesorado que se disfrazaron “por libre” e puidemos ver desde “persoas bolso”, nerds, vacas, científicos tolos, por ver ata vimos un garda suízo que se debeu de extraviar indo ao Vaticano. A última actuación correu a cargo dun grupo de profesorado e persoal non docente.

Todos e todas xuntos, para pasar unha xornada ben divertida. Ah! e para que non faltase de nada orellas e rosquillas, obsequio dunha abnegada profesora.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios