mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os Debuxos da Fundación (II)

Os Debuxos da Fundación (II)
Unha vez coñecidos os gañadores e gañadoras do Concurso de Relatos e do Concurso de Debuxos da Fundación Fernando Blanco de Cee, QPC publicará os traballos gañadores coa colaboración do coordinador do museo e secretario da Fundación, Darío Areas. O pasado martes, publicabamos os debuxos premiados na Categoría A (1º e 2º de Primaria) do IV Concurso de Debuxos. Hoxe é o turno da Categoría B (3º e 4º de primaira). 1º premio Miguel Barrúl Iglesias, do CEIP Víctor Sáenz de San Cosme de Antes de Mazaricos, obtivo o 1º premio desta categoría polo seu debuxo titulado "A Costa da Morte". Recibiu material didáctico valorado en 50 € e un diploma. 2º premio "O Carrumeiro", de Alejandro Ferrío Ayala do CPR Manuela Rial Mouzo de Cee, foi o traballo gañador do 2º premio da categoría B. O seu autor recibiu material didáctico valorado en 40 € e un diploma. 3º premio Alba Mourelle Costa, do CEIP Labarta Pose de Baio, gañou o 3º premio desta categoría polo seu debuxo "Costa da Morte. Esquina do mundo chea de vida". Recibiu material didáctico valorado en 30 € e un diploma.   Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Fundación Fernando Blanco

Comentarios