Martes. 19.03.2024
El tiempo

Os faros de azulexo que ensinan a Costa da Morte a milleiros de turistas en Sanxenxo

Os faros de azulexo que ensinan a Costa da Morte a milleiros de turistas en Sanxenxo
Exposicion dos murais de azulexo de Lar en Sanxenxo Así de ben loce a exposición dos murais de azulexo de Lar en Sanxenxo Poucas veces empresas da comarca demostran un sentimento comarcal tan arraigado. Poucas veces vemos accións turísticas, privadas, tan determinantes como a que está desenvolvendo este verán Suministros Lar. A empresa ceesa levou os murais de azulexo do seu fantástico Concurso escolar a Sanxenxo, onde están expostos, en pleno paseo marítimo, durante os meses de xullo, agosto e setembro. Exposicion dos murais de azulexo dos Faros da Costa de Lar en Sanxenxo Miles de turistas pasan por esta privilexiada zona do paseo, que une a praia e o porto, e botan fotos nos murais mentres preguntan pola zona Asi de concorrida e a zona do paseo de Sanxenxo onde esta a exposicion da Costa da Morte Así de concorrida e a zona do paseo de Sanxenxo onde esta a exposicion da Costa da Morte ”Unha ocasión excepcional para a Costa da Morte, pois durante estes meses pode que se diga 2 millóns de veces a palabra #CostadaMorte dende Sanxenxo”, explica un ilusionado Gonzalo Rodríguez. E a realidade é que a poboación de Sanxenxo se multiplica por 10 durante estes meses, sendo un perfecto escaparate para a nosa bisbarra. ”¿Y qué son estos Faros? ¿Dónde están?”, pregúntanse moitos dos visitantes mentres botan un deses selfie que buscan a envexa dos seus amig@s, no que se vexan ben guap@s, cun mural e a praia ao fondo. Falamos dunha auténtica acción de promoción turística, pendente de sumar apoios das entidades do sector, unha vez que foi un proceso moi rápido. Foi o propio Gonzalo o que nunha conversa coa concelleira de Turismo de Sanxenxo (coa que falaremos para a semana), sacou a posibilidade de levar os faros de azulexo. A responsable municipal, aberta a toda clase de actividades que engalanen as vistas da súa praia, aceptou sen demora. Deste xeito, mentres os murais doutras promocións descansan en vilas como Corcubión, Laxe, a Fervenza do Ézaro ou Cee, os faros desta 8ª edición deste concurso bianual creados por centros escolares e centros de necesidades especiais como Aspadex, APEM, Aspaber ou Íntegro, serven de material de promoción turística na capital das Rías Baixas. A empresa correu con todos os gastos de levar e instalar os murais na vila, pero o éxito tan rotundo que está tendo ábrelles a mente para pensar en que este sexa o comezo dunha fermosa singradura turística para toda a comarca. Exposicion dos murais de azulexo dos Faros da Costa de Lar en Sanxenxo 2 Exposicion dos murais de azulexo de Lar en Sanxenxo 2

Irmandamento?

A acción abre a posibilidade de comezar un irmandamento entre ambas zonas. A posibilidade de abrir sinerxias entre a Costa da Morte e Sanxenxo, pode ser moi proveitosa para a bisbarra. A capital das Rías Baixas pode convertirse nun escaparate ideal para que a nosa bisbarra expoña as súas marabillas, retraradas nos azulexos escolares, ante ese turista portugués ou español que visita a máis concorrida zona de praias de Galicia. ”Unir lazos a un dos referentes turísticos de Galicia podería xerar moitas cousas para a Costa da Morte”, valora un comprometido Gonzalo. Os faros de azulexo de Lar o mellor lugar para ver os fogos de Sanxenxo Os faros de azulexo de Lar están situados no mellor lugar para ver os fogos de artificio de Sanxenxo

Un concurso inigualable

Os alumnos do CEIP Cabo da Area de Laxe xa cos murais de azulexo Os procesos de creación dos murais escolares son impresionantes A viaxe dos murais tamén serve de recoñemento para este completísimo Concurso de Murais, enmarcado tamén na política de responsabilidade social corporativa da empresa. Un Concurso que abarca unha ampla batería de materias formativas, cheo de implicación por parte da empresa e da comunidade educativa. “Todo o traballo e implicación que hai detrás deste concurso é difícil de transmitir”, comenta Tatiana Rodríguez, responsable do seu desenvolvemento, “pero ver como os alumn@s así como os profesores se volcan edición tras edición no longo proceso creativo é impresionante”. I é que son practicamente 9 meses os que abrangue a creación dos murais en cada centros. A empresa traslada a cada centro participante as ferramentas, os azulexos, e as bases de cemento (cada ano van relacionadas co tema) a comezos de curso, e fai unha formación en cada un con alumn@s e profesores. Así, poden comezar xa coa tormenta de ideas, co deseño e coa produción para crear estas verdadeiras obras de artesanía. A participación de entidades de usuarios con necesidades especiais como Aspadex, APEM, Aspaber ou Íntegro fai aínda este certame máis importante, convertíndoo nun verdadeiro foco de inclusión. Foron os propios nen@s da primeira edición (2006/2007) os que decidiron a temática do concurso: o mar. E o fixeron de xeito natural, pois todos escolleron temáticas mariñeiras, parte da idiosincrasia da nosa bisbarra. A partir de aí, cada edición foi traendo murais sobre o Camiño, os xogos populares, os fondos mariños, o marisco, os deportes acuáticos e finalmente os faros. Se queredes facer un repaso pola súa historia, na súa web, a empresa ten un completísimo blog onde repasa a historia, edición a edición, do Concurso de Murais de Azulexo. Todo un mar de experiencias.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/un-mar-de-deportes-acuaticos-en-clave-de-azulexo/ https://quepasanacosta.gal/os-murais-de-azulexo-comezan-a-tomar-forma-nos-centros-de-ensino/

Comentarios