Os imputados na Operación Orquesta saen en liberdade provisional con cargos

10:35 02/02/11

Moitas expectación
Unha morea de veciños de familiares de Fisterra, a plana maior do PP da comarca, e familiares de Senande e Mazaricos, agolpábanse entre a numerosa prensa diante do Xulgado e acosando aos policías nacionais. O primeiro en amosarse foi o Daniel Ogando pai, que saía á saudar á familia arredor das 19:00h. Ogando ante a avalancha de xornalistas, asegurou "Podedes sacar as fotos que queirades". A espera eternizouse e as malas linguas aseguraban que a tardanza debíase a que no xulgado só había unha secretaria... Foi o alcalde de Mazaricos, Santos maneiro, o que falou en primeira instancia, e con tranquilidade explicou que sae en liberdade provisional con obrigación de comparecer quincenalmente. O alcalde de Fisterra, achegouse ata o Carrumeiro, onde deu unha pequena rolda de prensa asesorado polo seu avogado, e ante a mirada de ducias de veciños que corearon o seu nome e os dos concelleiros. Traba afirmou que non sabe os cargos que se lles imputa.Mañá máis
Para mañá mércores tocaralle pasar polo Xulgado ao alcalde de Cee, Ramón Vigo, emais o empresario corcubionés Jorge López. Cómpre lembrar que os políticos foron imputados nesta "Operación Orquesta" polos delitos contra a administración pública "prevaricación, soborno, tráfico de influencias e falsificación documental”. A investigación desenvolta polo xuiz Andrés Lago leva un ano en marcha, e as escoitas telefónicas parecen claves para destapar a trama das supostas comisións por obras públicas.Novas relacionadas
- A “Operación Orquesta” continúa en marcha.
- Varios detidos, entre eles 3 alcaldes, na “Operación Orquesta” por corrupción urbanística.
- As obras de Ogando: Da concesión de obra pública.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Fotos de Xusto Gómez.