Os traballadores de Ferroatlántica denuncian a campaña de mentiras que está a facer a empresa
07:12 23/12/16
Os representantes dos traballadores de Ferroatlántica reiteran que na reunión celebrada este mércores coa dirección de empresas se confirmou o que levan semanas denunciando: "que o plan da empresa leva á perda de emprego, ao desmantelamento e ao peche progresivo das fábricas de Cee e Dumbría. Un obxectivo que non ocultan nin a ofensiva mediática nin a chantaxe social que a empresa está a levar a cabo".
Nunha nota de prensa remitida onte, os representantes dos traballadores denuncian que o plan industrial anunciado por Ferroatlántica non pode vincularse en ningún caso á venda dun dos seus principais activos: as centrais hidroeléctricas. Do mesmo xeito que non se pode segregar o futuro das fábricas de Cee e Dumbría da actividade de produción eléctrica, xa que, segundo indican, "a única garantía de emprego é a que vén determinada nas concesións das centrais hidroeléctricas en relación á viabiliadade das ferroaleacións".
Para os traballadores, esta vinculación está establecida na concesión administrativa para a explotación dos recursos hidráulicos, que Ferroaltántica pretende saltar, buscando negociar un plan industrial que "é ilegal". Tal e como recordan, a empresa só ten unha concesión, non ten unha propiedade sobre os ríos e os seus aproveitamentos, que están suxeitos ao interese público.
Xubilacións
A este respecto, o comité denuncia a intoxicación da empresa cando ofrece incorporar traballadores e traballadoras novos ás fábricas a través da implantación dunha FP Dual. "A dirección xoga ao despiste mesturando os contratos relevos coa incorporación de persoal en prácticas, dúas modalidades laborais que non gardan ningún tipo de relación", sinalan dende o comité. "A empresa fala dun relevo ordenado nos procesos de xubilación ofrecendo datos falsos", din os representantes dos traballadores. Segundo explican, eses 34 traballadores e traballadoras de máis de 61 anos susceptíbeis de seren "relevados" na práctica xa están prexubilados cun contrato de relevo e co relevista traballando.
Por outra parte, indican que non existe en FP a rama siderometalúrxica polo que ao seu parecer "é a Xunta quen ten que regular o sistema educativo e, en todo caso, tería que ser un instituto da comarca que imparta algún ciclo relacionado coa actividade desenvolvida nas fábricas- quen solicitara a FP-Dual e logo, a través do convenio de colaboración do que fala Ferroatlántica, enviara ao seu alumnado a facer as prácticas a Cee ou Dumbría". Ademais indican que existe unha bolsa de traballo de mais de cen traballadores cualificados que cubren vacacions, baixas,...o que garantiza o relevo xeracional.
Beneficios
Os representantes dos traballores critican que Pedro Larrea califique as centrais hidroeléctricas de"actividade non estratéxica", condición que si lle outorga á publicitada planta de carbón vexetal. Segundo indican dende o comité, Larrea cifra en nove millóns de euros o custe deste proxecto - que apenas xerará 20 empregos - e asegura nos medios de comunicación que se destinarán 23 millóns de euros para modernizar as fábricas da comarca. "Logo de 25 anos de abandono", sinalan dende o comité de empresa. "Entendemos que estas cantidades forman parte do paquete de inversións de 55 millóns de euros presentado ao Comité para o período 2017-2021" sinalan os traballadores.
Segundo indican os traballadores, o grupo Villar Mir ten un plan; "pero non é un plan de futuro para a comarca nin pensado nos intereses da empresa en Galiza". Segundo explican, así se demostra nos últimos 25 anos, nos que o grupo "só se dedicou a enriquecerse a conta das centrais, mais sen reinvestir nin un só euro na modernización e ampliación das capacidades produtivas das fábricas".
Plan de reconversión
"O plan industrial prometido por Ferroatlántica, non é digno de tal nome, xa que non pode ser sobre a base de vender as centrais hidroeléctricas, que significa descapitalizar e desmantelar os activos da empresa e na práctica facer deste plan industrial unverdadeiro plan de reconversión e desmantelamento das fábricas" indican dende o comité de empresa.
Ao igual que acontecía o pasado venres 16, hoxe e o vindeiro día 30 hai convocadas sendas concentracións ás 18:30 horas diante da fábrica de Brens.
Novas concentracións

Artigos relacionados
- Pequeño Castro: Unha análise racional de conxunto por Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: “Ferroatlántica, unha historia de crecemento económico… e de desastre ambiental”.
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 21-12-16: O Comité de Empresa califica de “deja vu” a reunión mantida coa dirección de Ferroatlántica
- 17-12-16: A mobilización por Ferroatlántica non decae.
- 14-12-16: Convocan novas concentracións contra a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 13-12-16: O clero tamén esixe á Xunta a paralización da venda das centrais de Ferroatlántica.
- 08-12-16: A pé para manter unidas a fábrica de Brens e as centrais do Xallas.
- 05-12-16: O Comité de Ferroatlàntica volve á carga con mobilizacións e non descarga a folga.
- 30-11-16: O PP da Costa da Morte reúnese co conselleiro de Industria polo caso Ferroatlántica.
- 26-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o final do encerro
- 26-11-16: Os alcaldes saen relativamente satisfeitos da reunión con Feijoo sobre o caso Ferroatlántica.
- 25-11-16: Os Comités de Cee-Dumbría e Sabón únense contra a segregación e reúnense co PP comarcal.
- 24-11-16: Pequeño: “A día de hoxe, creo que Feijoo non vai deixar abandonada á Costa da Morte”.
- 23-11-16: O PP aproba só a súa moción no Parlamento sobre o caso Ferroatlántica rompendo o consenso:
- 23-11-16: Feijoo recibirá este venres aos alcaldes da comarca.
- 23-11-16: En Marea traslada as demandas dos traballadores de Ferroatlántica ao primeiro pleno da lexislatura.
- 22-11-16: Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee
- 15-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia.
- 15-11-16: As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-01-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)