Sábado. 07.12.2019
El tiempo

Os traballadores de Ferroatlántica volveron berrarlle a empresa o "non á venda das centrais"

Os traballadores de Ferroatlántica volveron berrarlle a empresa o "non á venda das centrais"
Concentra Ferro

Volveron saír a rúa e o farán tamén oi vindeiro 27 de xaneiro. O pasado venres 13, os traballadores de Ferroatlántica concentráronse, unha vez máis, ás portas da fábrica de Brens. Unhas protestas co foco posto na dirección da empresa do Grupo Villar Mir, co obxectivo de obrigalos a esquecer a intención de vendar as centrais hidroeléctricas do Xallas e do río Grande, e así non desvincular produción de enerxía coa de ferroaliaxes.

Os membros do Comité seguen sen crer as promesas da empresa de reinvestir os beneficios dunha hipotética venda, e simplemente piden que se manteñan a actual situación para manter os postos de traballo da empresa máis importante na zona.

“As centrais non se venden” volveu ser o cántico máis repetido.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios