Os trasnos seguen invandindo os sendeiros da Costa da Morte

Esta longa ponte, ademais da ruta cultural por Moraime e Os Muíños, o Concello de Muxía recibirá a visita dos trasnos. E a 7ª e penúltima etapa do Camiño dos Faros se adianta ao xoves 25 de xullo, percorrendo polo bordo do mar a ruta entre Muxía e Nemiña.

Na pasada etapa chegabamos dende Camariñas ata a vila da Barca. Este xoves, a saída será dende o Saburil de Nemiña ás 9:00h, para deixar os coches e coller o bus gratuito de Autocares Pedro Pombo.

E menudas marabillas se visitarán neste roteiro virtual que xa se está convertindo nunha total realidade física. Son 23 km, considerados os da etapa reina da montaña, pois desde a praia de Lourido (Km 2) á Praia de Moreira (Km 12) hai que atravesar todos os montes (Cachelmo, Buitra e Pedrouzo) e acantilados de Muxía. Iso si, cunhas vistas impresionantes de todo litoral.

A saída é complexa. Dende o Coído crúzase a praia de Lourido ata subir á aldea do mesmo nome para, a partir de aí, irase atravesando dun todos os montes que caen en picado ata o mar: Monte Cachelmo, a Punta da Buitra e os montes de Cuño onde se atopa o punto máis alto do Camiño dos Faros con 240 metros.
Baixada á Praia de Moreira e desde alí, atravesar o Cabo Touriñán. Tras disfrutar dunha paraxe sen comparación, volta polo lugar de Touriñán e de Talón para finalizar na Praia de Nemiña, praia fetiche dos surfeiros da zona.

E se queren unha recomendación da familia QPC, aproveiten, e vaia cear aló enfronte, ao chiringuito de Lires, a disfrutar dun solpor espectacular.

Roteiro por Miñóns

E aproveitamos este repaso sendeiril para traer esta imaxe que botaron os membros da expedición ceense por MIñóns. Visitaron a Pedra do Raposo, a Cova de Severo e os Petroglifos do monte da Peneda, todos recunchos que teremos aínda que visitar. Cómpre destacar entre a expedición a presencia de varios bravos alumnos de Aspadex.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).