Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros xa non ten volta atrás

O Camiño dos Faros xa non ten volta atrás
Imaxe da 4 etapa do Camino dos Faros entre Laxe e Arou

Mentres por Vimianzo e Ponteceso seguen preparando a Andaina polo Xurés, seguimos achegando citas nas que o sendeirismo é protagonista da Costa da Morte. I é que está a ser esta primavera un verdadeiro rebulsivo para a natureza costeira, que parece servir para decatarnos de cal é o noso meirande tesouro.

Hoxe, collemos as botas de trekking, e nos poñemos a andar entre Laxe e Camariñas, por partida doble ademais, e por Santiago cos veciños de Zas.

4ª Etapa do Camiño dos Faros

Os 60 trasnos da 4 etapa do Camino dos Faros

"Xa non hai volta atrás, xa hai moito enganchado ó Camiño dos Faros", comentábanos o mesmo Traski Costa da Morte a través das redes sociais. I é que o traballo de divulgación e promoción deste proxecto feito por e para a cidadanía, sen axudas, nin gacs... está reafirmándose como algo tan público como real. "O camiño un 10, a xentiña un 10... a liberdade un 10... imposible que eso falle", asegura Traski.

O pasado domingo 16 de xuño xa eran máis de 60 trasniñ@s os que se aventuraban a percorrer os case 20 Km que separan Laxe de Arou polo Camiño dos Faros. Coma sempre, a ruta comezaba polo final, e en autobus viaxaban ata o comezo da ruta para poder marchar no coche ao remate.

Vaia vistas na 4 etapa do Camino dos Faros-Foto-Fina Rivera

Igrexa de Santa María da Atalaya, o Faro pola Ruta da Insua e a panorámica da Ría de Corme e Laxe; a Furna da Espuma e a Praia dos Cristais, o Peñón de Soesto, Punta de Catasol e a Praia de Arnado, praia e as lagoas de Traba... Unha chea de natureza que disfrutar.

Parada técnica en Mordomo, con avituallamiento no Bar Os Espiños, e de aía a disfrutar doutro dos tesouros da Costa, pois entre Traba e Camelle parece que nos trasladamos ao conto de Gulliver no mundo das grandes rocas, outra paisaxe nova na ruta.

A última parada, "os restos do Museo de Man. Unha pena, outro exemplo de que non sabemos conservar a identidade desta Costa da Morte". E así, rematouse esta nova ruta do Camiño dos Faros, que terá continuidade o vindeiro domingo 30 de xuño coa etapa Arou-Camariñas.

Tristura na expedicion do Camino dos Faros ao ver o estado do Museo de Man-Foto-Fina Rivera

Montañistas coruñeses por Camariñas

Montanistas coruneses no Faro Vilan

E como dicimos, coa chegada da primavera proliferan os grupos que deciden visitar a nosa Costa dunha forma diferente. Desta volta, foron unhas 60 personas do Club de Montaña Artabros de A Coruña que fixeron a ruta a pé da Costa da Morte do concello de Camariñas que sae do porto de Camariñas, pasando pola Capela da Virxe do Monte, fixeron unha parada para visitar o Faro Vilán de Camariñas, visitar a exposición da artista Clara Ares e repoñer forzas, para seguir ata as praias de Reira, o cemiterio dos ingleses, a praia de Trece e voltar de novo a Camariñas.

Camiñantes de Zas

Caminantes-de-Zas-na-Praza-do-Obradoiro

Na tarde do pasado sábado 15 de xuño, e a pesares de algunha incidencia pola seguridade do príncipe xaponés Naruhito, os camiñantes de Zas deron chegado, un ano máis, á catedral de Santiago de Compostela. Os 43 participantes do Camiño a Pé do Concello de Zas fixeron a última etapa do Camiño ourensán e puideron recoller a compostelana e disfrutar dunha boa comilona para repoñer forzas no restaurante Raxoi.

Algun dos peregrinos de Zas

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios