Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A imaxinación vai a pé

A imaxinación vai a pé

Foi unha fin de semana tremendamente natural esta na Costa da Morte. Se xa vimos que o roteiro polo Monte Pindo trouxo serios descubrimentos naturais, as outras dúas camiñadas percorrían auténticos tesouros. O Camiño dos Faros facía a 5ª etapa para unha das zonas máis impresionantes e simbólicas do noso litoral, "a orixe de todo"; mentres que dende Teo e Vimianzo un cento de camiñantes deixaron correr a súa imaxinación para descubrir formas nos Penedos de Traba e Pasarela no marco das exitosas “Andainas 2013”.

Unha Andaina polos Penedos

Andaina polos Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Tania Carreira Rial

Xa saben que os Penedos de Traba e Pasarela son a única paisaxe protexida da Costa da Morte. E por algo será, i é que ademais do traballo da Semescom e de xente como Roberto Mouzo, homenaxeado con esta Andaina, os pelouros falan por si sós.

Auténticas formas insólitas que dan vida ao granito, deixando pé a que a sexa a imaxinación a que lle poña nomes. Aí estivo Lema Suárez como guía de excepción para que os camiñantes puidesen coñecer centos de pedras xa alcumadas.

Lema Suarez no centro foi un guia de excepcion na Andaina polos Penedos-Foto-Tania Carreira Rial

5ª etapa do Camiño dos Faros

Trasnos da 5 etapa do Camino dos Faros pola Costa da Morte

Unha das rutas máis espectaculares de toda a bisbarra é sen dúbida a que une Arou e o Cabo Vilan, e non pola pista de terra de arriba, se non a pé de litoral. E esa foi a que disfrutaron os case 60 trasniñ@s chegados de toda Galicia o pasado domingo 30 de xuño, coincidindo coa 5ª etapa do Camiño dos Faros. Unha etapa con sol e con ventos moderados que fixeron moi llevadera a etapa.

Ademais, a etapa é unha das máis simbólicas, pois "é a orixe de todo", como sinala o propio Traski. Unha serie de naufraxios de barcos da mariña inglesa ocorridos entre finais do século XIX e primeiros do XX, con centos de falecidos no Serpent, foron a orixe do nome "Costa da Morte".

E se ben o mar estaba calmo e non puideron gozar desa fiereza, si que foron quen de imaxinar ese barco inglés demasiado achegado á Costa nun día de temporal embarrancando na punta do Boi, ao carón das praias do Trece e a duna Monte Branco. E de como o pobo de Camariñas se volcou e creou o Cemiterio dos Ingleses, case que con vistas ao eterno Cabo Vilán.

Todo despois de ver o mirador das Lobeiras e Santa Mariña. Subir á duna rampante do Monte Branco e ver a natureza en todo o seu esplendor, unha imaxe que quedará para sempre na retina dos camiñantes.

Que dicir dos areais do Trece. "De gran beleza, o azoute contínuo do Atlántico dálle un aspecto desértico, con especies de flora protexida como a camariña, na antigüidade presente en toda a costa galega e hoxe prácticamente desaparecida, que se adapta perfectamente a estas condicións extremas".

Praias do Reira, e virar para ver por primeira vez a incrible silueta do Cabo Vilán, outras das imaxes con máis potencia da bisbarra.
E botando sempre un ollo ás pedras, como a do Oso, ou a dos Namorados, ou o conxunto etnográfico do Foxo do Lobo, que están a recuperar. Ou a esa urbanización sen xeito que rompe a paisaxe.

Tiveron a sorte de entrar no Faro Vilán e escoitar da man da fareira todo o funcionamento e a súa historia, activo dende 1854 a vapor e dende 1896 con electricidade. E de aí, volta a Camariñas,p asando pola capela da Virxe do Monte, onde puideron contemplar ben de cerca o que os esperaba nas próximas etapas, a outra beira da ría.

Rubindo a duna Monte Branco na 5 etapa do Camino dos Faros

Así, a seguinte cita da Guía Costa da Morte-O Camiño dos Faros será de Camariñas a Muxía en dúas semanas.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios