Martes. 08.10.2024
El tiempo

“O que está a pasar nas fábricas da antiga Ferroatlántica é unha farsa e unha estafa”

  • Ana Pontón pide recuperar as centrais do Xallas senón se garante o emprego e o investimento nas plantas de Cee e Dumbría.
BNG en Cee en apoio aos traballadores de XEAL
Visita do BNG a Cee en apoio aos traballadores de XEAL
“O que está a pasar nas fábricas da antiga Ferroatlántica é unha farsa e unha estafa”

No medio do novo calendario de mobilizacións do Comité de Empresa ante a activación do ERTE, a voceira nacional do BNG Ana Pontón, acompañada polos deputados Dani Pérez e Mon Fernández, achegáronse a Cee para manter unha xuntanza cos traballadores.

”Dende o BNG queremos trasladar o noso apoio aos traballadore se traballadoras das fábricas da antiga Ferroaltántica. E queremos denunciar que estamos repetindo unha especie de farsa, ou estafa, ao conxunto da sociedade, vendo como antes Villar Mir e agora un fondo de inversión están intentando desmantelar unha empresa que é fundamental para o ecido economico e social da Costa da Morte”, denunciou Pontón.

O BNG considera que a problemática é “responsabilidade directa da Xunta. Xa lle dixemos á Xunta no seu día que non permitira a venda, porque había unha fraude, dado que o interese real é explotar as centrais do río Xallas e desmantelar as fábricas, e non está a comarca para perder un só posto de traballo”.

Pontón lamentou que “a única política industrial de Feijoo foi permitir a venda a Villar Mir a unha empresa que non cumpre os compromisos, como son o Plan de Viabilidade ou uns investimentos de 14 millóns. O único que temos un ERTE que ten en vilo a moitas familias en plena crise”.

Ante todo iso, o BNG vai reclamarlle á Xunta de Galicia que solicite a retirada do ERTE, que esixa o Plan de Viabilidade, e que asegure que a produción das 6 centrais hidroeléctricas se manteñan vinculadas coa actividade industrial.

Ademais, Pontón pide recuperar as centrais do Xallas senón se garante o emprego e o investimento nas plantas de Cee e Dumbría.

”Xa está ben botar balóns fóra”, advertiu Pontón ao goberno popular da Xunta.

FOTO ANAPONTON COMITE FERROATLANTICA CEE 2

Novas relacionadas

Comentarios