Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Paula Carballeira estrea o Mes da Fundación

Paula Carballeira no MEs da Fundacion
Paula Carballeira estrea o Mes da Fundación
Este  sábado 7 de outubro, da inicio a 10ª Edición do Programa Educativo Cultural “O Mes da Fundación Outubro 2023", organizado pola Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee, e que conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

Un programa que conta cunha sección dirixida aos centros escolares do Concello de Cee (comezará o mércores 11 coa sesión de maxia infantil Ledicias 2.0 a cargo do mago paco e dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Primaria do CEIP Vila de Cee e do Colexio Manuela Rial), e cunha sección para o público en xeral, a cal desenvolverase no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura da vila da Xunqueira,
con horario de inicio ás 20:45 horas e entrade gratuíta.

Será a recentemente galardoada co Premio nacional de Literatura Dramática, Paula Carballeira Cabana, a encargada de abrila programación cunha sesión de contos titulada “Mulleres que viven soas”.
Paula Carballeira, profesional da narración oral dende 1994 e integrante da Compañía Berrobambán dende o 1996, xa participou na 4o do Programa O Mes da Fundación, ano 2016, daquela volta na sección destinada aos colexios, cunha sesión de contos titulada “Historias de arrepío” para o alumnado da ESO dos IES Agra de Raíces, IES Fernando Blanco e Colexio Manuela Rial 

Comentarios