venres. 06.12.2024
El tiempo

Chega outubro e volve o completo programa do Mes da Fundación

O mes da Fundacion Fernando Blanco 2023
Chega outubro e volve o completo programa do Mes da Fundación

A Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee, coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, desenvolverá ao longo de todo o mes de outubro a 10ª Edición do Programa Educativo Cultural “O Mes da Fundación. Outubro 2023”.

Dende o ano 2013 os integrantes do Padroado da centenaria entidade ceense decidiron celebrar dun xeito especial o mes de outubro por ser este un mes cargado de simbolismo para a Fundación e para a vila de Cee, pois nel aconteceron dous dos feitos mais relevantes da historia da vila: o nacemento de Fernando Blanco de Lema un 18 de outubro de 1796 e a inauguración do Instituto que merecidamente leva o seu nome un 2 de outubro de 1886.

Historia, ciencia, literatura, medicina, etc... foron algunhas das temáticas abordadas nas edicións pasadas, tendo sempre un protagonismo destacado a música e o teatro, por seren ambas as dúas grandes herdanzas culturais que naceron ao abrigo dos centenarios muros de pedra do Instituto Fernando Blanco e que hoxe, mais dun século despois, seguen a estar moi vivas e presentes no día a día da vila.

A estrutura desta 10a edición e similar a de pasados anos, artellándose un programa específico para os distintos niveis educativos de tódolos colexios do Concello de Cee a
desenvolver en distintos días lectivos, e outro programa para o público en xeral e que se desenvolverá os sábados 7, 14, 21 e 28 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee.

Programa para escolares

  • MÉRCORES 11 (11 horas. Casa Cultura Cee). “LEDICIAS 2.0”. Sesión de Maxia co MAGO PACO. Alumnado de 3º e 4º de Primaria do C.E.I.P. Vila de Cee e do C.P.R. Manuela Rial.
  • MARTES 17 (10, 11 e 12 horas. Casa da Cultura de Cee). “NAVEGANDO POLO UNIVERSO”. Obradoiros de astronomía (Planetario portátil) con ÍÑIGO DE LA QUADRA-SALCEDO, explorador e divulgador. Alumnado de 5º de Primaria do C.E.I.P. Vila de Cee e do C.P.R. Manuela Rial.
  • MÉRCORES 18 (11 horas. Casa da Cultura de Cee). “SABELA E O PAXARO MÁXICO”. Teatro de Marionetas a cargo de TARABELOS. Alumnado de 1º de Primaria do C.E.I.P. Vila de Cee, do C.P.R. Manuela Rial, alumnado do C.E.I.P. de Brens, da E.E.I. de Pereiriña e usuari@s de ASPADEX.
  • MÉRCORES 25 (12 horas. Casa da Cultura de Cee). “DE ALÁ DE ONDE EU VEÑO”. Sesión de Contos con FELIPE DÍAS VALLE “CAXOTO”. Alumnado de 1º e 2º da E.S.O. do C.P.R. Manuel Rial; do I.E.S Agra de Raíces e I.E.S. Fernando Blanco.
  • XOVES 26 (12 horas. Casa da Cultura de Cee). “A NOSA HERDANZA CULTURAL”. Conferencia impartida por CARLOS HENRIQUE FERNÁNDEZ COTO, arquitecto e Presidente da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL). Alumnado de 1o de Bacharelato do I.E.S. Agra de Raíces e do I.E.S. Fernando Blanco.

Programa para público en xeral

 

  • SÁBADO 7 (20:45 horas. Casa Cultura Cee). “MULLERES QUE VIVEN SOAS”. Sesión de Contos a cargo de PAULA CARBALLEIRA CABANA. Narradora oral e escritora.
  • SÁBADO 14 (20:45 horas. Casa da Cultura de Cee). “AXÚDAME COMPAÑEIRA A FACER FOLIADA. A GAITA E A PERCUSIÓN NA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA”. Concerto comentado a cargo de MARINA FERNÁNDEZ VIGO e SANDRA PÉREZ MÍGUEZ. Gaiteira e percusionista.
  • SÁBADO 21 (20:45 horas. Casa da Cultura de Cee). “ORGULLOSOS DA NOSA HISTORIA”. Conferencia de CARLOS HENRIQUE FERNÁNDEZ COTO. Arquitecto de Presidente da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL).
  • ▪ SÁBADO 28 (20:45 horas. Casa da Cultura de Cee). “CÓDIGO ALFA. MASCULINIDADE EN CONFLITO”. Discurshow (mestura de charla divulgativa e espectáculo) con VICENTE MOHEDANO. Actor e divulgador.

Comentarios