martes. 09.06.2026
El tiempo

Piden unha actuación urxente dos muíños de Toba

Piden unha actuación urxente dos muíños de Toa - Cee
Ademais de ser unha selva, hai tellados que se caen
Piden unha actuación urxente dos muíños de Toba

A área do Muiños de Toba pasa por ser un dos activos mais importantes que o concello de Cee ten, tanto a nível patrimonial como turístico.
Nos últimos días a veciñanza trasladou a voz de alarma ante o estado no que se atopan, coas instalacións en moi mal estado, con parte dos teitos derruidos, as portas deterioradas e pechadas con candados e, sobre todo, en estado total de abandono, no que ten a ver co coidado do seu entorno.

A maleza invade os sitios de paso, facendo case imposible acceder ao entorno e as zonas de paseo están cheas de verdíllo que poden causar caídas en días de choiva e humidade, o que só é síntoma de abandono total e absoluto, por parte do goberno, desde fai moitísimo tempo.

Reibidas as queixas, o BNG de Cee vén de solicitar a alcaldía que procedan a limpeza da zona para facer do entorno un lugar acolledor para a xente que a decida visitar, tanto a veciñanza do concello como os turistas que cheguen, así como que tracen un plan de recuperación das instalacións para que o seu deterioro non vaia a mais.

Abandono dos Muinos de Toba

Comentarios