Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG pide, outro ano máis, un punto limpo en Cee

Poligono de Cee aerea
Vista áerea do Polígono de Cee
O BNG pide, outro ano máis, un punto limpo en Cee

Se es veciño de Cee, a día de hoxe non sabes onde podes tirar consumibles de impresoras, toda clase de pilas e baterías de vehículos e electrónicas, residuos textís, graxas domésticas, bombillas ou sistemas análogos de iluminación, pequenos electrodomésticos como secadores de pelo, batedores, radios, móbiles e teléfonos, restos de pinturas ferramentas eléctricas, etc… Unha realidade dura de analizar, tendo en conta que Cee, como epicentro económico da comarca, debería contar cun servizo tan fundamental como o de Punto Limpo. Pero por agora non parece prioridade para as administracións.

Un ano máis, o BNG solicita a creación dun punto limpo en Cee. “Para unha recollida completa dos residuos do concello de Cee, é preciso apostar claramente pola construción dun punto limpo onde se poida depositar todo aquilo que non se recolle polos servizos de recollida que se vai licitar, é dicir, o que non se pode depositar nos contedores habituais. O polígono empresarial é o lugar perfecto para colocar nel o ansiado punto, a imaxe e semellanza do feito na localidade veciña de Vimianzo”.

En calquera caso, consciente de que a instalación dun punto limpo tardaría o seu tempo, o BNG propón que “se argalle a maneira de recoller porta a porta todo tipo de refugallo: consumibles de impresoras, toda clase de pilas e baterías de vehículos e electrónicas, residuos textís, graxas domésticas, bombillas ou sistemas análogos de iluminación, pequenos electrodomésticos como secadores de pelo, batedores, radios, móbiles e teléfonos, ferramentas eléctricas, etc…, así como restos metálicos do fogar como potas, tixolas ou mesmo menaxe.”

Propón que se aposte por facelo directamente dende o Concello ou por concesión, “mentres o punto limpo non sexa unha realidade”.

Novas relacionadas

Comentarios