Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Piden medidas urxentes e necesarias para o Hospital de Cee

Piden medidas urxentes e necesarias para o Hospital de Cee
Hospital Virxe da Xunqueira de Cee

Moi importante e interesante a moción que presentou a voceira do grupo municipal socialista de Cee, Margarita Lamela, para o seu debate e aprobación no vindeiro pleno. Unha moción que trata sobre temas de saúde pública, e que xorde despois de falar con diferentes profesionais e usuarios do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Se xa sabemos das necesidades do esquecido Centro de Saúde ceense, o PSOE local considera que hai moitas melloras necesarias e urxentes no HVdX. Hai demandas históricas, como a creación do servizo de cardioloxía, pero tamén algunha medida urxente como renovar un material con case 20 anos de uso:

Estas son as demadas:

  • Ampliación do tempo completo do servizo de reanimación, pois actualmente os pacientes que necesitan máis dun día de reanimación teñen que ir destinados ao seu hospital de referencia.
  • Ampliación do servizo de nefroloxía, pois é necesario aumentar o persoal e os postos de hemodiálise. A día de hoxe hai só un nefrólogo e 4 postos, insuficientes para cubrir a demanda de enfermos crónicos de ril da comarca, que teñen que ser atentidos na Coruña.
  • Implantación do servizo de cardioloxía. Unha demanda histórica esta do centro ceense, máis nunha zona envellecida como a nosa na que as enfermidades cardiovasculares son a causa principal de morte.
  • Ampliación do persoal da área do dixestivo, un servizo saturado e con logas listas de espera no que hai só un especialista.
  • Renovación urxente do material de quirófano, que está desfasrado polo uso, pois boa parte é o mesmo material dende a apertura en 1997.
  • Mantemento e mellora asistencial do Servizo de Xinecoloxía. Sabendo que o Hospital de Cee é un referente en partos de baixa intervención, ao que veñen mulleres de toda Galicia, temen que a implatación deste mesmo servizo en outros hospitais do pais merme a infraestrutura deste servizo derivando profesionais a outros centros.
  • Contratación de servizos externos a empresas da comarca. Solicitan que os servizos externos volvan ser prestados por empresas da comarca, non por empresas contratadas dende A Coruña. Piden autonomía para que sexa a dirección do propio Hospital a que decida os contratos, e que poida priorizar empresas locais.

Así, o PSOE local espera que haia unanimidade no pleno para enviarllo á Consellería de Sanidade.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios