Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Piden solventar os problemas da seguridade en Estorde

Serxio Iglesias e Daniel Perez en Estorde
Nin un paso de peóns na zona
Piden solventar os problemas da seguridade en Estorde

Ir á praia de Estorde é, ás veces, un deporte de risco. Aparcar na beira do camping, e cruzar a estrada AC-445 que une Cee con Fisterra, é un auténtico perigo.

Por iso, o BNG, como fixera xa coa AC552 na entrada norte da vila de Cee, vai solicitar no Parlamento Galego que a Xunta realice actuaciónsna vía de titularidade autonómica “para garantir de forma definitiva que a zona sexa segura ao cen por cen”.

Así o sinalaba onte o deputado carballés Daniel Pérez xunto co voceiro local Serxio Domínguez, comprobando a alta circulación que hai nesta época estival.

Lembran que as dúas beirarrúas son usadas como aparcamento; que non existe nin un só paso de peóns, e que a vía está restrinxida a 70km/h hora, unha velocidade demasiado alta para poder frear.

Lembran tamén que este treito da AC-445 é de paso obrigado para os peregrinos do Camiño Santiago-Fisterra, que son tamén en vítimas da inseguridade da estrada, xa que baixan pola beira da dereita e deben cruzar para a outra man para seguir o camiño. Por iso piden completar a senda realizada hai pouco con paso completo a través de Estorde.

Serxio Iglesias e Daniel Perez en Estorde.CaminoJPG

Novas relacionadas

Comentarios