Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Piden a urbanización de toda a entrada de Cee dende a rotonda de Lar ata o cruz de Roget

Serxio Dominguez e Daniel Perez BNG
Serxio Dominguez e Daniel Perez BNG
Piden a urbanización de toda a entrada de Cee dende a rotonda de Lar ata o cruz de Roget

A AC-552, chegou a ter uns índices de sinistralidade tal que concentraba no ano 2000 o 30% por cento dos “puntos negros” da rede viaria galega. Moitos foron solventándose pero seguimos vendo como outros puntos segue sendo foco de graves problemas. É o caso das avenidas de Cee, de entrada polo norte e polo sur. A falta de urbanización de ambas zonas, a falta de espazos para os peóns, provocan que haia numerosos atropelos.

Foi a principios de maio cando o deputado do BNG Daniel Pérez visitaba a zona para coñecer de preto a situación de seguridade de ambos traxectos. A raíz desa visita, e tendo en conta que tanto a AC-552 como a AC-550 son de titularidade pública, o BNG vai presentar varias iniciativas no Parlamento para pedir mellora da seguridade víal en ambas, a

"Só a través dunha actuación integral nestas dúas vías se acadará reducir o número de accidentes e atropelos", aseguran.

Por iso, piden á Xunta que asuma "de xeito prioritario e inmediato a urbanización da C-552 dende a rotonda do Lar até o cruce de Roget, así como construír nese tramo espazos peonís naquelas zonas onde non existen e a afluencia de bicicletas e peóns é constante, pola existencia de diversos supermercados e comercios". Piden tamén a sinalización das estradas comarcais, que " a día de hoxe é claramente insuficiente".  Esixen pois que neste 2022 se elabora o proxecto de urbanización do devandito treito da AC-552, incluíndo "a construción de espazos peonís alí onde non existan e nomeadamente na zona onde radican varios supermercados de alimentación e comercios, así como na subida de Bazarra (antes de chegar á gasolineira)".

Comentarios