Venres. 29.03.2024
El tiempo

Piden unha Residencia Xeriátrica para Cee

Piden unha Residencia Xeriátrica para Cee
Coro Pineiro na Festa dos Maiores de Cee As Festas dos maiores son cada vez máis numerosas

Segue a ser unha das necesidades máis grandes dunha bisbarra tan envellecida como a nosa. Se por Corcubión andan pendentes de intentar poñer a andar o seu Centro de Día, por Cee saltan voces pedindo que no vindeiro pleno de finais do mes de maio os grupos municiàis asine unha petición para abrir unha Residencia Xeriatrica para a Terceira Idade. Foi o grupo Ciudadanos de Cee, a través do seu concelleiro Plácido Castro Insua, o que presentou a idea entre os rogos e preguntas do pasado pleno de abril, pero agora, ante a boa acollida, quere levalo de xeito oficial.

Entende que será doado conseguilo se hai “unión de tódolos grupos que compoñen esta Corporación Municipal incluíndo o Grupo de Goberno”, e de paso, insta aos grupos municipas que “nos vindeiros debates e discusións esquezamos pasadas actuacións que xa houbo sobre este tema en tempos pasados”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Ciudadanos Cee.

Comentarios