Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Piden a retirada da marquesiña de Porcar e unha alternativa para o alumnado

Marquesina esfolada de Porcar Cee
Estado lamentable da marquesiña de Porcar
Piden a retirada da marquesiña de Porcar e unha alternativa para o alumnado

O das marquesiñas da nosa comarca é digno de estudo. O abandono dos espazos nos que as nosas crianzas esperan o bus é inhumano. Con ese mes de chuvia continuo que levamos, como chegan ao cole os rapaces do rural despois de estar esperando polo bus nunha marquesiña como a de Porcar?? E que non lle caia enriba...

A de Porcar sufríu hai unhas semanas un accidente por un bus. Desde aquel momento a instalación atopase en mal estado, inservible para o uso ao que é destinada e con perigo de sair voando co vento e facer danos que poden ser irreparabeis. 

Por iso, o BNG de Cee vén de pedir ao goberno "que tome medidas, que actúe para que quen a destrozou teña que abonar a reparación ou substitución, se isto é posible, pero que inmediato sexa retirada do lugar onde está por ser un perigo para viandantes e vehículos". 

Ao mesmo tempo solicitan que se estude a posibilidade de dar unha solución eventual mentres non se solucione co seguro do vehículo. "O alumnado de Porcar non pode seguir sen un lugar onde resgardarse mentres esperan a chegada do servizo de bus para acudir aos centros educativos". 
 

Comentarios