Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Por unha alfabetización dixital crítica para os nosos cativos

Por unha alfabetización dixital crítica para os nosos cativos
Alfabetizacion Dixital critica para cativos dende Corcubion A vila de San Marcos é destino histórico de artistas e personalidades de todo o mundo que deciden cambiar o asfalto das grandes urbes polo mar dunha pequena vila. E nesa adaptación están Frank Buschman e María Bella, intentando recuperar a carpintería tradicional, ao tempo que buscan o seu xeito de interactuar coa súa nova sociedade, a da Costa da Morte. E precisamente unha das necesidades máis notorias que atopan no mundo actual, é a fusión entre os oficios e as novas tecnoloxías. É dicir, conseguir que os nosos rapaces entendan as novas tecnoloxías e aprendan a usalas correctamente, como facíamos antigamente cando os nosos pais nos ensinaban a pescar, coser, traballar a terra, a madeira… Xa estiveron no Mercado Medieval facendo unha reflexión crítica medieval-dixital sobre la tecnoloxía, e o Proxecto de Alfabetización Dixital para os nosos cativos continúa adiante. Só necesita un par de empurróns.

Colaboracións

Precisamente eses empurróns fanse necesarios para levar a cabo un proxecto tan ambicioso e sinxelo coma este, faranse a base de tempo. Xentes da zona, técnicas e creativas, con experiencia educativa e pedagóxica, con ou sen coñecementos básicos tecnolóxicos, que teñan gañas de suscitar un pensamento activo nos cativos e unha mirada crítica sobre o que foron e o que son os ordenadores. Con eles convocarán algunha xuntanza, e coa axuda da guía de alfabetización dixital crítica que elaborou o equipo de Ondula, irán prearando contidos para complementar os talleres de cacharreo e “hands on”. Buscan tamén xente con coñecementos técnicos para montar, desmontar e ensamblar computadoras. E precisamente buscan xentes ou organismos que teñan computadoras en desuso e que poidan doalos á causa. Xa teñen un blog aberto, tectea.wordpress.com Tenoloxía en cuestión & Tecnoloxía en acción, no que nos van contando como vai a cousa. Podedes botar un ollo e se vos animades a colaborar, podedes preguntar en [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios