Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Presentación máxica para as Folcromías de Fernando Fraga en Corcubión

Presentación máxica para as Folcromías de Fernando Fraga en Corcubión
Fernando Fraga na Capela do Pilar de Corcubion

Emotiva foi a presentación en concerto do primeiro disco de Fernando Fraga "Folcromías” na Capela do Pilar de Corcubión. A Universidade Popular corcubionesa acondicionaba o inmellorable auditorio, cunha sonoridade espectacular para escoitar o acordeón do ceense, desde obras de J. S. Bach, pasando por obras de Astor Piazzolla e rematando con obras tradicionais de países do leste de Europa, Euskadi e Galicia.

Presentacion do disco de Fernando Fraga na Capela do Pilar

O acto foi presentado por Susana Trillo, presidenta da entidade, quen fixo un repaso sobre o extenso currículum do músico ceense e do que tamén resaltou a súa humildade por escoller este pequeno auditorio para esta presentación.

Fernando fixo pasar unha tarde estupenda ao numeroso público que encheu este recuperado epicentro cultural corcubionés polas asociacións da vila. Gozaron ca variedade de propostas musicais, e os máis especialistas notaron a diferencia entre tres tipos de acordeón que utilizou: o cromático, bandoneón e piano. Todas elas arranxadas por el mesmo e interpretadas cunha grande maestría.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios